Carl Bosch
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carl Bosch (Colonia 1874 - 1940) químico e enxeñeiro alemán. Premio Nobel de Química en 1931.
En 1899 comezou a traballar en BASF, entre 1908 e 1913 desenvolveu con Fritz Haber o proceso Haber-Bosch de síntese do amoniaco a partir de hidróxeno e nitróxeno sometidos a altas presións. Este método permitiu empregar gas amoniaco na fabricación dos estercos artificiais, que tanta influencia terían no desenvolvemento da agricultura en todo o mundo. Despois da Primeira Guerra Mundial traballou na síntese do petróleo e o metanol con procedementos de química de alta presión. En 1925, Bosch foi un dos fundadores de IG_Farben e dende 1935 director xeral.