Carlos Arias Navarro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carlos Arias Navarro (11 de decembro de 1908 - 27 de novembro de 1989), foi un político español.
Naceu en Madrid, funcionario do Ministerio de Xusticia en 1929 e avogado fiscal en Málaga e Madrid, aproximaouse ao bando dos sublevados durante a Guerra Civil española. Durante a guerra exerceu de fiscal dos nacionais en Málaga, pasou a ser coñecido por parte de sus riváis políticos no goberno franquista co alcume de "El carnicerito de Málaga" en un simil con o "Carnicero de Albacete", debido á súa responsabilidade en miles de asasinatos "legais". Gobernador civil de León (1944), e posteriormente en Tenerife e Navarra. En 1957 foi nomeado director xeral de Seguridade, ata que en 1965 foi nomeado alcalde de Madrid, ao tempo que era procurador en Cortes polo terzo de municipios e tamén conselleiro nacional do Movemiento. En xuño de 1973 ocupou o posto de ministro de Gobernación. Ao pouco, o asasinato do presidente do goberno, o almirante Carrero Blanco, supuxo o seu nomeamento de presidente do goberno, pretendeu seguir o que se deu en chamar espírito do 12 de febreiro, tímida apertura do réxime sen perder as súas características fundamentais, pero aínda estas tímidas medidadas tiveron o rexeitamento do sector coñecido como o búnker (os sectores máis conservadores do franquismo).
Trala morte do ditador, o rei Xoán Carlos I depositou a súa confianza nel e se converteu no primeiro presidente do goberno da monarquía, pero a súa insistencia en preservar o legado franquista propiciaron o seu cesamento o 1 de xullo de 1976, ó día seguinte o rei concedeulle o título de marqués de Arias Navarro.
Nas primeiras eleccións democráticas incorporouse a Alianza Popular, foi candidato ó Senado sen conseguir e desde entón estivo retirado da política activa.