Carson McCullers
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carson McCullers (Lula Carson Smith)(1917 - 1967) foi unha escritora norteamericana.
Naceu en Columbus, Xeorgia no seo dunha familia de clase media, recibiu unha educación musical durante a súa infancia. Marchou a Nova York, dedicándose a traballar polo día e estudar polas noites escritura creativa na Universidade de Columbia.
En 1935 trasladouse a Carolina do Norte, onde casou en 1937 con Reeves McCullers e publicou a súa primeira novela, The Heart is a Lonely Hunter en 1940. En 1940 separouse do seu home e marchou a Nova York para vivir con George Davis, o editor de Harper's Bazaar. Volveu casar con Reeves en 1945 e deixouno de novo en 1953, tras o que el se suicida nun cuarto dun hotel en París.