Castelo de Liechtenstein
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O castelo de Liechtenstein(Burg Liechtenstein) é un castelo situado na Baixa Austria, preto de Maria Enzersdorf, ao sur de Viena, Austria.
[editar] Historia
Construído no século XII, foi destruído dúas veces polos otomanos, en 1529 e 1683, e permaneceu en ruínas ata 1884, ano no que se reconstruíu.
O castelo de Liechtenstein (pedra brillante) deu nome á familia propietaria, que máis tarde (1719) fundaría o principado de Liechtenstein.