Catalanismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O catalanismo ou nacionalismo catalán é o movemento que propugna o recoñecemento da personalidade política e cutural da Cataluña ou dos Países Cataláns.
Segundo o valenciano e catalanista Joan Fuster, "hai catalanistas porque hai españolistas". De feito, o catalanismo aparece como reacción a políticas centralizadoras no Estado Español (como os Decretos de Nova Planta), avatares históricos Tratado dos Pirineos)ou imposicións político-culturais (prohibición do catalán na vida pública).
No entanto, o catalanismo non se circunscribe ao ámbito político peninsular, pois nos últimos anos ten aumentado a súa presenza nas antigas comarcas catalanas da Cerdanya Nord, Conflent, Vallespir e Rosselló (actualmente integradas no departamento Francés dos Pirineos Orientais), reivindicando precisamente un maior achegamento coas terras do sur.
Xeralmente, os partidos políticos, entidades ou individuos que se delcaran catalanistas ou nacionalistas cataláns, adoitan considerar ben a Cataluña, ben os Países Cataláns, como unha nación. Ese grao de recoñecemento e de defensa dos seus intereses pode abranxer desde un tímido autonomismo á petición da plena independencia (ver: independentismo).
O nacemento do catalanismo político acostuma datarse nas Bases de Manresa (1898, momento que é considerado a entrada de Cataluña na Historia Cotemporánea.