Cerquiño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cerquiño | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Quercus pyrenaica | ||||||||||||
![]() |
O cerquiño, cerqueiro, carballo negro, rebolo ou touza (Quercus pyrenaica Willd.) é unha árbore monoica que habita en bosques caducifolios de montaña. Pode chegar até os 20 ou 25 metros.
Ten raíces profundas, cun eixo central e numerosas raíces horizontais estoloníferas. O tronco é dereito e de cor grisalla ou parda, grosa e con gretas; a copa é alta e ampla.
As follas miden 8-16 x 4-12 cm., cun pecíolo de 5-20 mm; son simples, alternas, de forma elíptica e moi pinnatipartidas; teñen cor verde cincenta mate na face e tomentosas no envés.
Os cerquiños teñen flores unisexuais. Florecen entre maio e xuño.
É orixinaria do sudoeste de Europa e do norte de África e en Galiza abunda no sur e leste.