Charlot
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Charlot é o nome da personaxe máis coñecida creada polo actor e director de cinema mudo Charles Chaplin. O nome provén da versión francesa de "the tramp" ("o vagabundo", en inglés). Un vagamundo risoño e inxel que engaiolou a varias xeracións grazas ao seu abrigo estreito, os seus pantalóns bombachos, o seu caxato, o seu bombín e o seu mostacho recto.