Chengdu
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cidade de China, capital da provincia de Sichuan, na conca do mesmo nome pertencente ao curso medio do Yangtze, no centro do país. A beira dun dos séus afluentes, o Min, que irriga a fértil chaira de Chengdu. A municipalidade de 12.346 km2 ten unha poboación de 11.030.000 (2006), dos que 4.520.000 (1-1-2005) habitan a cidade propiamente.
De fundación tan antiga coma a dinastía Zhou (1027-256 aC), coa trama en parrilla ortogonal típica do urbanismo chino primixenio, foi sempre o principal capital desa rexión inda que periférica respecto as capitales imperiales.
Prestixioso centro manufacturero de telas , brocados e lacados, asemade cultural coma conservador das esencias da ópera china, convertéuse dende a segunda guerra mundial nunha metrópole industrial e comercial.