Chris Martin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Christopher Anthony John Martin (nacido o 2 de marzo de 1977 en Devon, Reino Unido), é cantante, compositor, guitarrista, pianista e líder da banda inglesa Coldplay. É coñecido ademais polo seu activismo en campañas en favor do comercio xusto e en contra da pobreza e a fame no mundo.