Christopher Tolkien
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Christopher John Reuel Tolkien (21 de novembro de 1924) é mellor coñecido como o fillo do escritor John Ronald Reuel Tolkien (era o segundo fillo máis vello), e como o editor da maior parte do traballo do seu pai, publicado de maneira póstuma.
Tolkien pai escribiu moitísimo material vinculado á mitoloxía da Terra Media, que non foi publicado mentres vivía; aínda que orixinalmente a súa intención era publicar O Silmarillion xunto con O Señor dos Aneis, e xa había partes moi desenvolvedas, morreu en 1973 deixando o proxecto inconcluso.
Christopher foi sempre parte da audiencia crítica da fición do seu pai, primeiro como neno, escoitando as historias de Bilbo Bolsón, e logo como un adolescente e novo adulto, retroalimentando ao seu pai en O Señor dos Aneis durante os últimos anos da súa xestación, e incluso participando nos debates literarios dos Inklings. O propio Christopher asignouse a tarefa de interpretar os, a miúdo, confusos mapas da Terra Media, co fin de xerar as versións mostradas nos libros. Christopher redebuxou o mapa principal a finais dos 70, para aclarar as letras e corrixir algúns erros e omisións.
Posteriormente, o fillo seguiu os pasos do pai, converténdose en lector e titor de Lingua Inglesa na Universidade de Oxford.
Tras a morte do seu pai, Christopher púxose a organizar todas as notas do seu pai, algunhas das cales estaban escritas en vellos recortes de papel. Moito do material estaba escrito á man, con frecuencia un simple esbozo estaba escrito sobre outro esbozo anterior, e os nomes das personaxes cambiaban continuamente entre o comezo e o fin do mesmo texto. Descifrar isto foi unha ardua tarefa, e tal vez só alguén coa proximidade ao autor que posuía Christopher, e tan coñecedor na evolución das historias, podía facer que todo concordara. Aínda así, Christopher admitiu que moitas veces tivo que adiviñar o que o seu pai quixo dicir.
Non obstante, ao traballar con Gui Gavriel Kay, puido publicar O Silmarillion en 1977, seguido dos Contos Inconclusos de Númenor e a Terra Media en 1980, e os doce volumes da Historia da Terra Media, entre 1983 e 1996.