Cidadanía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En termos de Dereito a cidadanía é a condición da persoa física (dita cidadán) pola cal o ordenamento xurídico dun Estado recoñécelle a plenitude dos dereitos civís e políticos. A cidadanía pode ser vista como un estatus do cidadán, ou comom un contrato xurídico entre ese cidadán e o Estado. As persoas que carecen da cidadanía dun Estado son estranxeiros, se a teñen doutro Estado, apátridas se, por contra, non teñen ningunha cidadanía.
[editar] Cidadán e súbdito
O concepto de cidadán difire do de súbdito que se refire a aquel que é suxeito da soberanía dun Estado; a condición de súbdito implica, de por si, unha situación puramente pasiva (deberes e suxeizón), mentres que a de cidadán implica a titularidade dos dereitos e doutras situacións xurídicas activas.
[editar] Ver tamén
Nacionalidade
Dereitos políticos
[editar] Referencias
- GUIMARÃES, Francisco Xavier da Silva, Nacionalidade: Aquisição, Perda e Reaquisição, 1ª edição, Forense, 1995.