Ciutadans-Partido de la Ciudadanía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ciutadans-Partit de la Ciutadania en catalán, Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía en castelán (Cidadáns-Partido da Cidadanía en tradución galega) ou como se presenta ás eleccións ó Parlamento de Cataluña 2006 Ciutadans-Partido de la Ciudadanía e que foi coñecido ata o 9 de xullo de 2006 como Ciutadans de Catalunya/Ciudadanos de Cataluña, é un partido político español oposto ó nacionalismo catalán que tivo a súa orixe nunha plataforma de 15 intelectuais e profesionais residentes en Cataluña que tiraron o 7 de xuño de 2005 un manifesto para a creación dun novo partido político en Cataluña na que se comprometían a impulsar a constitución dunha nova forza política de ámbito catalán que superase o nacionalismo que ó seu xuízo caracterizaba a todos os partidos cataláns e que asinaban Félix de Azúa, Albert Boadella, Francesc de Carreras, Arcadi Espada, Teresa Giménez Barbat, Ana Nuño, Félix Ovejero, Félix Pérez Romera, Xavier Pericay, Ponç Puigdevall, José Vicente Rodríguez Mora, Ferran Toutain, Carlos Trías, Iván Tubau e Horacio Vázquez-Rial.
Na súa primeira presentación a eleccións, nas eleccións autónomas catalás, conqueriron 3 escanos.
Albert Rivera é o seu presidente e candidato á presidencia da Generalitat de Cataluña, o secretario xeral é Antonio Robles.
Nas eleccións ó Parlamento de Cataluña conseguiu 89.567 votos (3.04%),o que lle valeu tres escanos.