Clasificación dos seres vivos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A pregunta sobre os seres vivos que habitan este planeta (e os posbles seres que haxa noutros) ha ser respostada mediante unha clasificación, dado o groso número de diferentes especies que existen. A Bioloxía ten encarado, despois de Linneo a taxonomía dos seres vivios, cunha clasificación taxonómica clara que agora está a ser posta en cuestión en pro de novos criterios clasificatorios (ver abaixo) aínda que sen deixar de lado o conceptobase de especie. Hai que ter conta ademáis, que contínuamente se descobren novas especies, e non só de pequenos animais (como por exemplo, insectos, a categoría máis numerosa con arredor de un millón de especies) senón mesmo de grandes animais, en particular mariños, aínda que de xeito máis raro. Asemade, unha clasificación dos seres vivos debe incluír non só os que están a extinguirse, senón ós xa extintos, conviviran ou non coa nosa especie. En total, supónse que debe haber máis de dez millóns de especies, das que estarían clasificadas arredor de dous millóns na actualidade, aumentado a un ritmo de cómputo dunhas dez mil especies anuais. Tradicionalmente, os seres vivos son divididos en cinco reinos:
Con todo, varios autores consideran este sistema desactualizado. Aa abordaxes máis modernas tenden ó uso do sistema dos tres dominios:
Estes dominios son definidos con base en diferenzas a nivel celular, como a presenza ou ausencia de núcleo e a estrutura da membrana exterior. Existe aínda toda unha serie de parasitas intracelulares considerados progresivamente menos “vivos” en termos da súa actividade metabólica: