Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Comarca de Santiago - Wikipedia

Comarca de Santiago

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Faltan ligazóns internas neste artigo. Por favor, wikifíqueo.

Pertencen á Comarca de Santiago na provincia de A Coruña os seguintes Concellos: Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.


Comarca de Santiago


Índice

[editar] SITUACIÓN

No sur da provincia da Coruña, linda polo norte coa comarca de Ordes, polo oeste coas de Xallas, A Barcala e Noia, polo sur coas do Sar e Tabeirós-Terra de Montes, e polo leste coas de Arzúa e Deza.

Situada no sector centro-occidental de Galicia, a comarca de Santiago presenta un relevo de formas suaves e onduladas, lixeiramente incididas polos numerosos ríos que a sucan. O río Tambre percorre o norte, establecendo o límite coas comarcas de Ordes e A Barcala; e, tras recibir as augas do seu afluente o Dubra nunha fermosa paraxe fluvial, o seu curso vai encaixado polas terras de Ames e Brión, onde é represado no embalse Barrié de la Maza.


Polo sur o río Ulla, límite natural entre a provincia da Coruña e a de Pontevedra, percorre un fermoso e fértil val orixinando unha espectacular paisaxe no lugar de Ponte Ulla, onde o río se encaixa profundamente ao pé do mítico Pico Sacro. Tamén fértil e fermoso é o val de Amahía que se estende polo concello de Ames e é percorrido polo río Sar que, xunto co Sarela rega as terras de Santiago. Augas abaixo, xa fóra da comarca, o Sar aporta o seu caudal ao Ulla. A abundancia de cursos fluviais e o clima chuvioso durante o outono e inverno favorece unha vexetación frondosa e sempre verde que caracteriza a paisaxe desta comarca.


[editar] DATOS BÁSICOS

- Extensión: 689 km2 - Poboación (ano 2004): 150.286 hab. - Tª Máx. media anual): 18,2 ºC - Tª Mín. (media anual): 6,7ºC - Precipitacións (media anual): 2.178 mm


[editar] COMO CHEGAR

Pola súa localización xeográfica a comarca conta con excelentes comunicacións. Ademais do aeroporto internacional de Lavacolla, Santiago é o centro dunha importante rede de vías de comunicación tanto por estrada como por ferrocarril que a achegan a todas as cidades galegas e a comunican co exterior. As principais vías son:

N-550 (A Coruña-Tui). N-525 (Santiago-Ourense). N-634 (Santiago-Lugo). Autoestrada do Atlántico AP-9 (Ferrol-A Coruña-Vigo). Liña de ferrocarril (A Coruña-Zamora).

Distancias aproximadas:

- AMES: dende A Coruña 85,3 km, dende Lugo 113,5 km, dende Ourense 107,2 km, dende Pontevedra 59,4 km.

- BOQUEIXON: dende A Coruña 79,4 km, dende Lugo 98,9 km, dende Ourense 92,4 km, dende Pontevedra 73,5 km.

- BRIÓN: dende A Coruña 89 km, dende Lugo 117,2 km, dende Ourense 111 km, dende Pontevedra 58,8 km.

- SANTIAGO DE COMPOSTELA: dende A Coruña 72,8 km, dende Lugo 101,4 km, dende Ourense 98,6 km, dende Pontevedra 62,2 km.

- TEO: dende A Coruña 86,6 km, dende Lugo 114,8 km, dende Ourense 100,3 km, dende Pontevedra 54,41 km.

- VAL DO DUBRA: dende A Coruña 55 km, dende Lugo 131 km, dende Ourense 122,5 km, dende Pontevedra 82,2 km.

- VEDRA: dende A Coruña 84,9 km, dende Lugo 113,1 km, dende Ourense 94,7 km, dende Pontevedra 57,8 km.


[editar] HISTORIA

Como en boa parte do territorio galego, a presenza de diversos castros poñen de manifesto unha temperá ocupación humana da comarca, que se remonta cando menos á Idade de Ferro. Un bo exemplo disto constitúeo o castro romanizado de Francos no concello de Teo, así coma outros diseminados polo Val do Dubra. Pero sen dúbida a historia da comarca gravita en torno ao xurdimento da cidade de Santiago, na que o factor relixioso foi determinante. O 25 de xullo do ano 813, tras o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago, o bispo Teodomiro traslada a sede episcopal de Iria a Compostela, o que deu lugar ao nacemento do Lugar Santo ou Lugar de Santiago, en torno ao que xorde o núcleo que como consecuencia do seu crecemento continuo, será a cidade galega por antonomasia ate o século XVIII.


Durante os séculos XI e XII este núcleo inicial consolídase e experimenta unha etapa de forte expansión urbana, vinculada en parte á súa función como centro de peregrinación, pero tamén o seu crecente dinamismo económico polo que os seus dominios se estenden ate as terras do litoral onde se constitúen os portos de Pontecesures e Noia, polos que chegaban unha gran variedade de produtos para abastecer o mercado urbano. Outro factor de dinamismo foron as sucesivas obras realizadas polos bispos que atraían a moita man de obra, entre as que hai que destacar a construción da muralla que se inicia no século XI, a catedral románica, así como outras igrexas e as obras de infraestruturas da nova cidade. A súa función comercial e os gremios de artesáns tamén acadan unha elevada importancia, contribuíndo ao seu desenvolvemento.

A figura que personaliza o século XII é a do arcebispo Diego Xelmírez, que fixo de Santiago unha cidade próspera, capital do reino de Galicia. Esta puxanza económica e sobre todo cultural mantense e acrecenta durante a Idade Moderna, constituíndo un punto referencial da cultura occidental ao que acoden peregrinos de toda Europa. Á súa función espiritual engádense outras novas como a universitaria, de elevada transcendencia histórica e actual. O inicio da Universidade Compostelá remóntase ao ano 1495, data do primeiro proxecto do Estudo Compostelán, se ben a súa constitución definitiva non será ate o ano 1504 coa creación do Estudo Xeral Compostelán, que acadou rango universitario con Diego de Muros III.

Como centro de peregrinación, xorde tamén unha importante actividade asistencial coa construción de máis de dez hospitais entre os séculos XI ao XVIII, entre os que destaca o Hospital Real. Todo isto é favorecido polas copiosas rendas procedentes do medio rural, pois a cidade era a sede principal das ordes relixiosas e residencia da nobreza e fidalguía que estenden a súa xurisdición sobre amplas terras.


No século XVI, a Reforma protestante supuxo un freo ás peregrinacións, iniciándose así un período de certo estancamento, que se verá agravado no século XVIII, cando as cidades do interior perden a súa hexemonía en favor das litorais, cara a onde se traslada a actividade económica, aproveitando as súas posibilidades de comercio marítimo, a pesca, etc. Este proceso continúa ao longo do século XIX coa nova división provincial, iniciándose no século XX como unha cidade xerarquicamente de rango inferior, cuxas principais funcións son a universitaria, a relixiosa e a sanitaria, ás que hai que engadir a comercial, aínda que de ámbito máis reducido.

A partir dos anos sesenta prodúcense unha serie de cambios que representan o inicio dunha nova etapa de crecemento e dinamismo para a cidade. En primeiro lugar prodúcese un forte incremento da poboación universitaria, duplicándose o número de matrículas ao longo da década dos sesenta. Esta tendencia ten continuidade durante os anos seguintes, e nos 80 a Universidade compostelá rolda xa os 30.000 estudantes. Isto provocou unha forte demanda de vivendas, xurdindo así unha gran expansión da edificación na zona do Ensanche ou zona nova.


Paralelamente tamén afianza a súa función sanitaria coa construción do Hospital Xeral de Galicia a fins dos 70, vinculado á Facultade de Medicina e á existencia dun elevado número de especialistas de recoñecido prestixio. Nos anos 80 a estas tradicionais funcións se lle engade unha nova, ao ser nomeada sede política e administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia, feito que non chegou a ter a transcendencia dos anteriores pero que tamén contribuíu ao seu crecemento, máis retardado que nos anos anteriores, debido ao freo na tendencia alcista da poboación universitaria, coa creación das Universidades da Coruña e Vigo.


As recentes celebracións dos Xacobeos e a súa declaración como Cidade Patrimonio Cultural da Humanidade (1984) e Cidade Europea da Cultura no ano 2000, significaron un esforzo conxunto para a súa modernización tanto en infraestruturas como en equipamentos, pero mantendo a súa singularidade histórico-monumental e cultural que a identifica.


[editar] VISITA A COMARCA

Declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco, a riqueza histórica e monumental da cidade de Santiago, vinculada ás peregrinacións ou rutas xacobeas dende o medievo, convértena nun dos principais destinos turísticos da Comunidade galega, que acada o seu máximo expoñente nos anos nos que se celebra o Ano Santo (cando o 25 de xullo coincide en domingo). Para visitar o seu casco histórico, a Praza do Obradoiro, unha das máis fermosas do mundo, acolle cada ano a milleiros de turistas que inician aquí o seu primeiro contacto coa cidade. A espectacular fachada barroca da Catedral, á que se accede por unha maxestosa escalinata, preside a praza, onde tamén se atopa o Pazo de Xelmírez, xoia do románico civil, e o Museo da Catedral.


Á outra banda da praza, cunha fachada de case 90 metros, sitúase o Pazo de Raxoi, mentres que nos laterais, se atopan o Colexio de San Xerome por unha banda e o histórico Hostal dos Reis Católicos pola outro; este Parador Nacional que data do século XVI, foi un antigo hospital que xurdiu nos seus inicios para auxiliar aos peregrinos e conserva a súa estrutura interior de cruz grega nas que se sitúan as dependencias, entre as que se abren catro patios.


Rodeando a Catedral poderemos admirar as súas outras monumentais fachadas, como a de Azabachería ou Porta Norte de estilo neoclásico que substitúe á antiga fachada románica destruída no ano 1757, a Praza da Quintana, de singular encanto no seu conxunto e na que se abre a Porta Santa, pola que nos Anos Santos ou “Xacobeos” se accede á cabeceira románica da Catedral. Tamén de estilo románico é a fachada das Praterías ou porta sur, que dá nome a outra emblemática praza que se pecha pola súa banda oeste coa Torre do Reloxo e a fachada do Tesouro, no máis puro estilo renacentista.

De volta á Praza do Obradoiro a monumental escalinata sitúanos na catedral polo Pórtico da Gloria, obra cume da imaxinería románica europea realizado polo Mestre Mateo. Aquí a imaxe sedente de Santiago Apóstolo recibe aos peregrinos. Percorremos logo a grande nave central, en cuxa intersección co cruceiro se colga nas celebracións máis especiais o simbólico botafumeiro. Por detrás do altar descéndese á cripta e logo sóbese ao camarín do Apóstolo para darlle un abrazo; tras percorrer a nave da ábsida tamén é de especial interese unha visita á Corticela, igrexa que é parroquia de estranxeiros e de construción máis antiga que a Catedral.


Visitada a Catedral, podemos realizar un interesante paseo polo casco antigo coas súas “rúas” empedradas, con soportais, estreitos canellóns, prazas, casas nobres, igrexas, que nos trasladan a ese ambiente apracible de tempos pasados. Pola súa monumentalidade tamén son de especial interese o mosteiro de San Paio de Antealtares, o máis antigo da cidade e cuxa muralla pecha a Praza da Quintana, o de San Martín Pinario (séculos XVII e XVIII), hoxe Seminario Maior, con tres excelentes claustros e unha fermosa igrexa barroca, ou o convento de San Agustín, tamén do século XVII. Fóra das antigas murallas e próximo á Porta do Camiño, testemuño da chegada dos peregrinos á cidade atópase o antigo mosteiro de San Domingos de Bonaval que acolle na actualidade ao Museo do Pobo Galego.

Outro lugar emblemático desta cidade é a Alameda, co seu paseo da Ferradura dende o que se contempla unha fermosa panorámica da Catedral no medio do casco histórico. Un pouco máis adiante, continuando por este paseo tamén podemos gozar dunha aterrecedora posta de sol sobre o Campus Universitario, e visitar a “carballeira de Santa Susana” coa súa pequena igrexa. Xa fóra do casco histórico non debemos deixar de visitar a Colexiata do Sar, conxunto románico de elevado valor arquitectónico, pola súa igrexa, claustro e museo; así como a igrexa dos Mercedarios de Conxo.


Ao valor monumental e histórico da cidade hai que engadir o seu especial encanto como cidade estudantil, coas súas vellas tascas de viños e tapeos que dan fama á rúa do Franco, os seus antigos cafés de tertulias, as súas concorridas terrazas, etc., ou os numerosos pubs que acollen o ambiente nocturno. Dentro desta oferta de lecer hai que facer unha especial referencia ao Auditorio de Galicia, cunha capacidade para 30.000 espectadores e ao Palacio de Congresos e Exposicións.

Fóra de Santiago, os ríos que percorren a comarca orixinan fermosas paraxes naturais como as formadas polo río Ulla en Ponte Ledesma no concello de Boqueixón, onde se ergue tamén o mítico Pico Sacro. Para descubrir este concello nada mellor que realizar algunha das rutas de sendeirismo que percorren as súas parroquias e os máis de 60 muíños dispersados polos numerosos arroios e regatos que o sucan.


Seguindo o curso do Ulla augas abaixo diríxese ao concello de Vedra polo espectacular “Paso da Cova” nas inmediacións de Ponte Ulla e continúa por Teo con interesantes paraxes como o seu paso baixo a ponte de Pontevea, obra dos séculos XIV e XV, o Coto de Couso ideal para a pesca do salmón ou da troita, ou a ponte colgante do Xirimbao. A fertilidade e microclima deste val favoreceu o xurdimento de casas e pazos orixinarios entre os que destaca o pazo de Santa Cruz de Ribadulla do que podemos visitar os seus frondosos xardíns, con exemplares centenarios entre os que destaca un amplo paseo de oliveiras que teñen unha antigüidade que rolda os 500 anos.

Á outra banda da comarca, o río Sar percorre o concello de Ames pasando pola súa capital Bertamiráns. Dende aquí o lugar de Ponte Maceira, situado ao norte, sobre o curso do río Tambre e a Ruta de Riamonte en torno ás ribeiras deste río son dous interesantes puntos a visitar. Nas súas inmediacións o concello de Brión, de grande tradición ecuestre, ofrécenos a posibilidade de visitar as ruínas das Torres de Altamira, o concorrido e venerado santuario de Santa Minia, os magníficos pazos de Armental, Armesto e Trasouteiro, ou a igrexa de Bastavales, cuxas campás son protagonistas duns versos de Rosalía.


Polo norte, o río Tambre, recibe as augas do Dubra orixinando tamén fermosos recunchos fluviais no concello de Val do Dubra por onde se pode realizar varias rutas de sendeirismo, para continuar despois polo norte dos concellos de Ames (Praia fluvial de Tapia e Ponte Maceira) e Brión onde é represado no Encoro Barrié de la Maza.


Entre os numerosos actos festivos que teñen lugar na comarca, hai que resaltar de xeito especial a celebración de Santiago Apóstolo que soe durar varios días pero que acada o seu máximo expoñente a noite do 24 de xullo, coa queima da “fachada” do Obradoiro feita de fogos artificiais e ao día seguinte cando se fai a ofrenda ao Apóstolo. De grande tradición e sabor popular é a celebración do Entroido no concello de Teo, onde ao igual que en todo o val do Ulla ten lugar o peculiar ”Entroido dos Xenerais”, que consiste nunha tropa montada a cabalo e presidida por xenerais, que pasean por aldeas e vilas facendo paradas ante as vivendas dos veciños, os que lles corresponden con donativos para a festa.

Outras linguas
Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu