Wikipedia:Como engadir imaxes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Para cargar imaxes na Galipedia, usa a ligazón «Sube un ficheiro» que está no cadro de ferramentas, ou no listado de páxinas especiais.
Con «Examinar» (Browse) atopa o ficheiro que queres cargar no servidor dende o disco ríxido do teu ordenador. Isto abrirá un cadro de diálogo de «Seleccionar ficheiro» (Choose File).
Cando atopes o ficheiro, selecciona «Abrir» (Open) co que se seleccionará o ficheiro e se pechará o cadro de diálogo de «Seleccionar ficheiro».
Preme o botón «Subir un ficheiro». O ficheiro comezará a transferirse. Isto pode levar algún tempo, dependendo do tamaño do ficheiro e da velocidade de conexión.
Cando a transferencia se complete con éxito, aparecerá unha mensaxe notificándoo.
Non esquezas o seguinte:
- Pódense cargar tantos ficheiros coma se desexe, pero por favor, sen tentar ningún acto de vandalismo contra o servidor. Ver «Política de uso de imaxes»
- Todas as transferencias de carga e as eliminacións gárdanse nunha historia («Rexistro de cargas»).
- No campo Resumo débese escribir un texto para a Páxina de descrición de imaxe.
- Hai que marcar a casilla mediante a cal:
- «Afirmo que o dono do copyright deste ficheiro está dacordo en liencialo baixo os termos de Wikipedia copyright.»
- Convén redixir unha pequena descrición da imaxe, usando o modelo que se pode atopar en Wikipedia:Política de uso de imaxes.
Índice |
[editar] Subir imaxes a Commons
Para subir imaxes a Commons o procedemento é exactamente igual que o explicado anteriormente. A única diferenza é que aló úsase o inglés. Polo tanto no canto de «Subir un ficheiro» terás que pulsar «Upload file», polo demáis todo é igual. Tes á túa disposición moitas plantillas (templates) para indicar a licenza da imaxe. Debes consultalas e velas antes de subir imaxes.
A principal vantaxe de subir imaxes a Commons é que poden ser usadas por todos os proxectos de Wikimedia sen ter que subilas a cada un dos proxectos.
[editar] Cómo ligar a imaxe dende o documento na Galipedia
Dende a páxina correspondente, crear a seguinte ligazón:
[[Image:«Nome_do_ficheiro»|Texto alternativo]]
Podes facelo co botón http://gl.wikipedia.org/style/images/button_image.png que aparece na barra de botóns que está enriba da caixa de edición (ainda que é posible que non apareza no teu navegador). Selecciona o nome do ficheiro e o texto alternativo —separados por unha barra |— e preme no botón. Escribirá [[Image por diante e ]] por detrás.
«Nome_do_ficheiro» é o nome que ten a imaxe incluindo a súa extensión que se usa para indicar o formato da imaxe agregada (.jpg, .png, etc.). Non uses o formato .gif, podes substituilo polo .png. (le isto)
O «texto alternativo» debera conter unha breve descripción da imaxe. Este texto preséntase nun texto flotante ou se a imaxe non se carga. É tamén importante para as persoas cegas que usan lectores de pantalla.
Soamente falta refrescar a páxina correspondente para comprobar a ligazón.
[editar] Opcións de presentación
A anterior sintaxe é a básica para mostrar unha imaxe tal cual nun artigo. A seguinte sintaxe dá máis posibilidades e é compatible coa anterior:
[[Image:''<<Nome_do_ficheiro>>''|''opcións''|Texto alternativo]]
As opcións dispoñibles son:
-
- thumbnail, thumb: xera unha imaxe en miniatura (thumbnail), aliñada por omisión á dereita, co texto alternativo escrito no pé de foto. Móstrase tamén unha icona de aumento. Exemplo: [[Image:Loch lochy.jpg|thumbnail|Lago Lochy en Escocia]]
- framed: engade un marco con pé de foto á imaxe, igual ao de thumb, mais non reduce a imaxe.
- right: aliña a imaxe á dereita, pódese especificar con ou sen thumb.
- left: idem, pero aliñado á esquerda.
- none: a imaxe preséntase sen texto nos seus marxes, ainda que se engadise a opción thumbnail.
- anchura px: xérase unha versión en miniatura coa anchura en pixels especificada (p.e. '150px'). A altura calcúlase de modo que se manteña a proporción.
As barras verticais «|» empreganse para separar as opcións entre sí, e entre a derradeira e o texto alternativo. Nas opcións descoñecidas pásanse por alto e a derradeira opción empregase sempre como texto alternativo.
Exemplo dunha imaxe sen texto no pé:
[[Image:Loch lochy.jpg|right|]]
A derradeira barra vertical asegura que o texto alternativo sexa "Loch lochy.jpg" e non right.
As opcións pódense combinar, por exemplo:
[[Image:Loch lochy.jpg|left|80px|Lago Lochy en Escocia]] (80 px de ancho, á esquerda) ou
[[Image:Loch lochy.jpg|thumb|80px|Lago Lochy en Escocia]] (80 px de ancho, miniatura, mostrada á dereita).
[editar] Cancelar o modo «texto ao redor da imaxe»
Despois de pór un texto a un lado ou outro dunha imaxe, para pór novo texto por debaixo, usando de novo todo o ancho dispoñible, hai que escribir antes <br style="clear:both;">.
[editar] Cargar unha nova versión da imaxe
Para reemprazar unha imaxe cargada previamente, por actualización da mesma ou do artígo, basta con cargar unha imaxe que teña o mesmo nome. Nestes casos por cuestións técnicas relacionadas co teu navegador (a memoria cache) pode que non vexas a nova versión da imaxe de inmediato.
[editar] Tamaño dos ficheiros
Sube imaxes que ocupen pouco espazo. O tamaño ideal son 35 KB ou menos, xa que nos axuda a aforrar espazo no servidor e axilizar a visualización dos documentos para aqueles ordenadores con conexións de baixa velocidade. Recóllense varios consellos en «Como facer que as imaxes pesen pouco».