Conrado III
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Conrado III (1093 - 15 de febreiro de 1152, Bamberg), o primeiro representante da dinastía dos Hohenstaufen, foi fillo de Federico I, duque de Suabia e de Inés, filla do emperador Henrique IV.
Conrado recibíu do seu tío, o emperador Henrique V, o Ducado de Franconia en 1115. Herdou do seu pai o Ducado de Suabia. En 1138 fue elixido emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, enfrontouse cos güelfos e expulsounos de Baviera pero non puido conseguir Saxonia, outro obxectivo seu, comezando desta forma a rivalidade entre güelfos e xibelinos. Loitou en Bohemia e Polonia. Participou na Segunda Cruzada, a petición de San Bernardo, xunto ao rei Luís VII de Francia, regresando a Alemaña tras o fracaso da Campaña de Damasco. Sucedeuno o seu sobriño Frederico I Barbarrubia.
Sucedeu a: |
Listaxe de Reis e Emperadores Alemáns |
Sucedido por: |