Consello de Galiza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Consello de Galiza foi unha entidade política galega que se constituíu o 15 de novembro de 1944 en Montevideo e que pretendía aglutinar aos deputados galegos, por riba de partidos políticos, para dotar dun órgano político á Galicia no exilio.
A iniciativa da constitución do Consello de Galiza foi de Castelao, influído polo pensamento de José Antonio Aguirre, o lehendakari no exilio. O seu primeiro presidente foi Castelao e estaba formada ademais, nun primeiro momento, por Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo e Elpidio Villaverde. Posteriormente integrouse Alfredo Somoza