Conurbación da Illa de Taiwan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Conurbación da Illa de Taiwan é un continuo urbano que, de norte a sur, dende Taipei ata Kaohsiung, exténdese por toda a metade oeste da illa de Taiwan, e suma o noventa e cinco por cento da poboación do país, cunha das densidades máis altas do mundo (vintedous millóns de habitantes en pouco máis da extensión de Galicia).
Aproveita para iso a disposición xeográfica da illa, cun gran espiñazo montañoso que ocupa toda a metade oriental facendo residual o poboamento nesa parte. Desta maneira, practicamento todo o crecemento urbano producido polo fluxo continuo de inmigrantes dende o continente (sobre de todo da provincia de Fujian, ao outro lado do estreito de Taiwan), foi colmatando os intersticios entre as grandes cidades na chaira costeira occidental, converténdoa nunha rexión urbanizada densamente poboada froito da conurbación dun continuo de áreas metropolitanas. Serían, empezando polo norte, a área de Taipei, a maior do pais, que se extende ata Hsinchu e Chunan; enlazaría co extremo norte da área metropolitana de Taichung que coa de Chiai máis ao sur constitúen o centro da megalópole; finalmente, no extremo meridional sitúase a conurbación de Kaohsiung-Tainan, o segundo conglomerado urbano do pais tralo da capital.
A cidade principal é, obviamente, Taipei (ver historia urbana), pois é o centro de Taiwan en todos os aspectos excepto o xeográfico. Séguenlle en importancia as xa citadas Kaohsiung, Tainan e Taichung.
Megalópole de Taiwan (2001):
- Taiwan(excepto faixa costeira oriental)....21.000.000
- AM de Taipei..................9.800.000
- AM de Taichung............ 4.750.000
- AM de Chiai................... 1.100.000
- C de Kaohsiung-Tainan....5.230.000