Conurbación do Delta do Yangtzé
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Megalópole do centro leste de China que se está conformando na parte sur do delta do río Yangtzé, entre a súa desembocadura e o lago Tai, e con Shanghai como cidade máis grande e importante (ver historia urbana de Shanghai). Cara o oeste conúrbase coa área de Suzhou, antiga e bela cidade á beira do Gran Canal; despois aparece a área de Wuxi, industriosa cidade coñecida coloquialmente como "pequena Shanghai"; e finalmente, no extremo occidental da conurbación, sitúase a área de Changzhou, a máis pequena de todas.
O dinamismo da rexión nestes últimos anos ten sido enorme , tras da súa elección coma Zona Económica Especial, aberta o investimento foránea. A construción de todo tipo de grandes infraestruturas non cesa día a día e estanse propoñendo novos e xigantescos proxectos (pontes, portos, autopistas e ferrocarrís) que farían posible, no medio prazo, a incorporación á megalópole das áreas metropolitanas veciñas ata Nanjing polo oeste e Hanzhou e Ningbo polo sur.
Megalópole de Shanghai:
- AM Shanghai.....................................19.000.000
- Shanghai shih.....16.800.000
- municipalidade de Suzhou.....................3.900.000
- municipalidade de Wuxi.........................3.700.000
- municipalidade de Changzhou................3.500.000