Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI) é un corpus lingüístico paralelo de traducións elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
O CLUVI pode ser consultado libremente na web no enderezo http://sli.uvigo.es/CLUVI e a súa extensión total actual, a outubro de 2006, é duns 22 millóns de palabras. A composición do CLUVI é a seguinte:
- Corpus xurídico LEGA galego-español (5.877.769 palabras)
- Corpus UNESCO inglés-galego-francés-español de divulgación científica (3.724.620 palabras)
- Corpus LOGALIZA de localización de software inglés-galego (1.701.834 palabras)
- Corpus literario TECTRA inglés-galego (1.476.020 palabras)
- Corpus literario FEGA francés-galego (1.267.119 palabras)
- Corpus CONSUMER español-galego-catalán-euskara de información sobre consumo (5.586.431 palabras)
- Corpus xurídico LEGE-BI euskara-castelán (2.384.053 palabras)
Outras seccións do CLUVI, aínda en fase de desenvolvemento, son:
- Corpus EGAL de economía galego-castelán (718.642 palabras)
- Corpus literario TECTRA inglés-portugués (735.529 palabras)
- Corpus literario TECTRA inglés-castelán (122.251 palabras)
- Corpus literario DEGA alemán-galego (76.364 palabras)
- Corpus VEIGA de subtitulación de películas inglés-galego (78.032 palabras)
- Corpus PALOP de literatura poscolonial portugués-castelán (566.590 palabras)
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns Externas
- Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo
- Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo
Corpus dixitais | |
---|---|
Galego textual: CODOLGA - TMILG - TILG - CORGA - CLUVI - CTG - TUVI | |
Galego oral: ASG | |
Portugués: CPM - CPM - DPM - AC/DC | |
Castelán textual: CREA - CORDE - Cumbre - Lexesp | |
Castelán oral: COREC - MNLCCMH - SoCREA - Val.Es.Co - C-ORAL-ROM - PRESEEA - Corpus del Español Histórico y Moderno |