Costa Ártabra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Costa Ártabra é un espazo natural protexido, recoñecido desde 2001 como Lugar de Interese Comunitario. Abrangue 7.546 ha dos concellos de Cariño, Cedeira, Ferrol, Narón, Valdoviño, Ortigueira, Ares e Mugardos. A costa caracterízas polos seus cantís caendo sobre o mar coa presenza de lagoas de gran valor para as aves, como a lagoa de Doniños ou a de Valdoviño