Crack (droga)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O crack, é o nome vulgar dun derivado da cocaína, en concreto os refugallos resultante de ferver clorhidrato de cocaína nunha solución de bicarbonato de sodio para que se evapore a auga.
O térmo crack é unha onomatopea que suxire o ruido que fan as pedras desta droga o calentarse (pola ebullición da auga que conteñen). Tamén recibe nomes vulgares entre os usuarios desta droga, como rochas, chulas, pedras, entre outros, as veces erróneamente se lle confunde có bazuco ou o Paco que é a costra que queda na ola onde preparan a cocaína.
O crack é un estimulante altamente adictivo e poderoso, en po. O crack convertíuse nunha droga de abuso a mediados do decenio de 1980. Produce euforia inmediata, costa pouco producilo,e é facilmente accesible e asequible.
Índice |
[editar] Producción
O crack elabórase disolvendo a cocaína en po nunha mixtura de auga e amoníaco ou bicarbonato de sodio. Férvese a mixtura ata que se forma unha substancia sólida a partires do liquido, logo seca, e se parte en trozos (pedras) que se venden como crack de cocaína.
[editar] Historia
En 1985 o xornal New York Times menciona por primeira vez "unha nova forma de droga" chamada crack. Un fenómeno limitado a uns poucos barrios baixos da cidade en menos de doce zonas urbáns.
[editar] Consumo
O crack dende os anos oitenta, fúmase nunha pipa de vidro, con cinza de cigarro, tamén nunha lata con buratos, nun goteiro de vidro, nun cigarro como primo(nome que se lle da a un tabaco mesturado coa cocaína)entre outros. Outro instrumento utilizado para o consumo de crack e un tubo metalico similar a unha antena de radio (en moitos casos é)a que se lle introduce unha sorte de alambrina que se utiliza para fumalo crack simulando unha pipa.Este metodo utilízase principalmente por adictos con moi poucos recusos, que se conoce como"fumar en tubo".
[editar] Efectos e Síntomatoloxía
O fumalo o alcoloide chega máis rápido ó cerebro, en maiores cantidades e presentando un efecto sinérxico cos outros químicos que se teñan usado para a elaboración das rochas.
O crack pode producir os seguintes síntomas:
- Diminución da potencia sexual.
- Cefalea.
- Enfermidade de parkinson.
- Hemorraxia cerebral.
- Depresión.
- Ansiedade.
- Psicose similar a esquizofrenia.
- Bipolaridade.
- Paranoia.