Credo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
credo s.m.
- Oración que contén os artigos ou puntos fundamentais da fe católica.
Estaba rezando o credo. - Conxunto de doutrinas fundamentais dunha relixión.
O credo cristán, islámico. - fig. Conxunto de ideas básicas, principios, etc., dunha persoa, dun partido, dunha secta, etc.
Credo político. O credo do partido.
- Co credo na boca. En gran perigo. Realmente, cando envorcou o coche, vinme co credo na boca.
- Nun credo. Rapidamente. ¡Vaite aló nun credo e tráeme o que che pedín!