Cronos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cronos é un deus da mitoloxía grega correspondente a Saturno na mitoloxía romana. É representado como un home vello de cabelos brancos e barba longa.
Cronos é fillo de Urano (o máis antigo de todos os deuses) e pai de Zeus, Deméter, Hades, Hestia, Poseidón e Hera. Era asociado ao tempo polos gregos. Cronos representa a pasaxe dos deuses antigos (cíclopes e titáns) para os deuses Olímpicos (así chamados por seren aqueles que habitaban o monte Olimpo), liderados polo seu fillo Zeus.
O mito di que a esposa de Urano era Gaia (deusa da Terra) e que cada vez que Gaia tiña un fillo, Urano devolvíao ao ventre de Gaia. Cansada disto, Gaia tramou co seu fillo Cronos. Ela fixo do seu propio seo unha pedra en forma de lámina e deuna a Cronos. Cronos agardou a que Urano, seu pai, dormise e castrouno. Botou os xenitais de Urano no mar, de onde abrollou Afrodita, a deusa do amor.
Despois disto, Cronos reinou entre os deuses, mais unha profecía dicía que el sería ao fin vencido por un fillo. Así, el pasou a devorar aos seus proprios fillos. Ata que a profecía se cumpriu e Zeus destronouno auxiliado por Prometeo.