Cruceiro da Burata
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este cruceiro localizado na aldea da Burata, parroquia de Taragoña, (A Coruña); atopase sobre unha plataforma cadrangular de dous graos e pedestal cúbico rematado en chafráns e con paramentos recadrados. O seu fuste é de sección cadrada con chafráns, e paramentos recadrados na base; representado con símbolos da Paixón: Martelo, Tenaces, Escada. O seu Capitel é cadrangular decorado con volutas, follas e querubíns; a súa cruz de sección octogonal con remates florenzados. O Cristo Crucificado coas mans abertas e coroa de espiños. No reverso, atopase a Virxe Dorosa sobre peaña de querubín, leva as mans con dedos entrelazados, nimbo de raios arredor da cabeza e espada cravada.
A carón do cruceiro hai un peto de ánimas con representacións do purgatorio.