Cruceiro da Laxe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este cruceiro de capela integrado nun muro, atopase na aldea da Laxe, na parroquia de Taragoña, (A Coruña). A capela é lisa, de base troncopiramidal invertida, tellado a catro augas, teito abovedado e anxo con ás na base. No interior, atopase unha Virxe pregando. Sobre a capela, existe unha Cruz de sección cadrangular con brazos chafranados. O Cristo Crucificado ten as mans abertas, nimbo crucífero, pano de pureza sen nós e cartela de INRI.