Cruceiro das Neves de Ourolo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este cruceiro de capela atópase na aldea de Ourolo, parroquia de Taragoña, provincia da Coruña. É de plataforma soterrada. O seu fuste é de sección cadrada con chafráns. A Cruz é cadrangular cos brazos con mediacana e remates florenzados. O Cristo Crucificado atopase coas mans pechadas, nimbo crucífero e pano de pureza sen nós. No reverso da Cruz, existe un baixorelevo da Piedade. A capela é lisa, coa base troncopiramidal invertida cun anxo con ás, tellado a catro augas e teito plano. No interior da Capela, atopase unha imaxe da Nª Sª das Neves.
A carón do cruceiro, dentro dun muro, hai un crucifixo e un baixorelevo.