Cruceiro das Neves en Iñobre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na aldea de Iñobre, parroquia de Taragoña (A Coruña), atopse este cruceiro de capela carente de plataforma e pedestal. O seu fuste é de sección cadrada con chafráns. A Cruz tamén de sección cadrada con chafráns nos brazos. O Cristo ten as mans abertas, coroa de espiños, nimbo crucífero, pano de pureza sen nós e cartela de INRI. A capela carece de ornamento. É de base troncopiramidal invertida, tellado a catro augas e teito plano. Na base da capela hai un anxo con ás e no interior a Virxe pregando.