Cruceiro de Cartomil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cruceiro localizado na aldea de Cartomil, parroquia de Taragoña, con platafortma cadrangular de tres graos, pedestal cúbico rematado en roda con bocel, fuste de sección circular cadrada na base. Capitel cilíndrico co astrágalo circular, liso, ábaco de lados curvos e vértices agudos, e decoración de volutas e caras. Cruz de sección cotogonal con remates florenzados. Cristo Crucificado coa cabeza inclinada cara diante, as mans abertas, coroa de espiños e cartela de INRI. A Virxe, en actitude de orar, cos dedos entrelazados, álzase sobre peaña de querubín.