Cruceiro de Pastoriza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este fermoso cruceiro, localizado na aldea de Pastoriza, na parroquia de Taragoña (A Coruña).Está composto por unha plataforma cadrangular de dous graos, sen pedestal. O seu fuste é de sección cadrada con chafráns decorados con caras. A capela está ornamentada con esferas, coa base moldurada con anxo con ás, tellado a catro augas, teito plano, e coa Virxe pregando no interior. A cruz ten os brazos con chafráns, remates florenzados con botón central e está recrucetada. O Cristo está crucificado coa cabeza ergueita e as mans abertas, leva coroa de espiñas. No reverso da Cruz, Virxe coroada orando coas mans xuntas sobre peaña de anxo con ás.