Cruceiro do Adro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
No adro da Igrexa Parroquial de San Salvador de Taragoña, atopase este cruceiro que asemade posúe un altar. O cruceiro ten plataforma de un grao e pedestal moi moldurado e con gran escocia. O fuste é de sección octogonal, cadrada nos estremos. O capitel, de formigón moi decorado, ten volutas, follas de acanto, querubíns e orlas vexetais. A cruz, tamén de formigón, ó igual cás imaxes, de sección cadrangular tosca. O Cristo ten as mans abertas e coroa de espiños. A Virxe está orando cos dedos entrelazados sobre nubes.