Cruceiro do Cubeliño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este cruceiro, atopase na aldea do Cubeliño, na parroquia de Taragoña (A Coruña). este cruceiro posúe unha plataforma e pedestal cadrangulares, o seu fuste é de sección circular cadrado na base, o capitel é cilíndrico co ábaco de lados curvos e vértices agudos, decorado con volutas, follas de bordes lobulados e caras. A Cruz é de sección octogonal con remates florenzados, cun Cristo Crucificado coas mans abertas, coroa de espiños e pergameo de INRI. A Virxe atopase co Neno no reverso, coroada sobre peaña de querubín. Un dos brazos da cruz está rachado.