Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Cubismo - Wikipedia

Cubismo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.

Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.

Gris: Home nun café, 1914, Oléo sobre lenzo
Gris: Home nun café, 1914, Oléo sobre lenzo

A data de 1907, pódese tomar como referencia para falar do Cubismo. Neste ano prodúcese o encontro entre Braque e Picasso. Os críticos contemporáneos, foron unánimes á hora de proclamar a Picasso como líder do movemento, pero é curioso o feito de que as primeiras obras cubistas foran pintadas por Braque. Pode afirmarse que Picasso é ó Cubismo lo que Matisse ó Fauvismo.

"As señoritas de Avignon", de 1907, considérase a pedra angular da arte do Século XX, unha obra mestra que marca un novo punto de partida.

A partir de aquí Picasso elimina todo o sublime da tradición. O cubismo só é comprensible se rompemos co anterior.


Índice

[editar] Características dunha nova linguaxe:

Historia da arte
Arte contemporánea
Arte prehistórica
Arte antiga
Arte medieval
Arte occidental
Arte contemporánea
Arte etnográfica
Arte americana
Arte africana
Arte asiática
Arte islámica


O cubismo non é teórico, se non que todo son descubrimentos: • 1. Independencia e autonomía de planos, estalido do volume: Os planos son obxecto de estudio en sí mesmos, e non en visión global do volume. Os grandes volumes rómpense noutros máis pequenos. Así, queda rota tamén a liña de contorno, interrómpese o trazo liñal. O resultado deste proceso compárase co reflexo nun espello roto ou coa visión a través dun caleidoscopio.

• 2. Perspectiva múltiple: Ven dada polo estudio de cada plano na súa autonomía. Rómpese coa perspectiva monofocal. A pintura libérase do xugo da tradicional visión monocular. Multiplícanse os ángulos de visión dun mesmo obxecto. Así ofrécese unha visión complexa do mesmo ente, que se pode presentar ó mesmo tempo de cara, de perfil ou desde calquera outro ángulo significativo.

• 3. Desaparición de gradacións de sombra e luz: Esto ven dado pola descomposición do volume.

• 4. Cor "Ton Local": A cor non aporta indicacións suplementarias. Polo xeral aplicábase por pequenos toques. Esto chamábase “Cor Passepartout”, apto para todos os obxectos, pero que non consiste en dar a verdadeira cor de ningún deles.

• 5. Xeometrismo: As formas xeométricas invaden as composicións. As formas observadas na natureza son traducidas en cilindros, conos, esferas e cubos. A retina capta as formas, e a mente do pintor as simplifica. Cézanne xa reduciu as súas composicións ás formas xeométricas, por eso exercerá tanta influenza no Cubismo.

• 6. Base filosófica: As aportacións filosóficas de Bergson son moi importantes para o Cubismo ó afirmar que o observador acumula na súa memoria unha gran información sobre un obxecto do mundo visual externo. Esta é unha experiencia que constitúe a base intelectual. Os pintores cubistas utilizan esta experiencia distorsionando e superpoñendo paisaxes. Non se trata de reflictir a realidade mesma, se non a idea de realidade que posee o artista.

[editar] CUBISMO ANALÍTICO

É o que partindo dunha análise dos obxectos, os reconstrúe no cadro de acordo cos ritmos e estruturas compositivas determinados polo artista. Este periodo analítico transcorreu entre 1910 e 1912. Os lenzos desta época caracterizáronse pola análise da realidade e a descomposición en planos dos distintos volúmenes dun obxecto para que a mente capte a súa totalidade. Dende o principio pretendíase unha arte máis conceptual que realista. Predominaban os ángulos e as liñas rectas e a iluminación non era real, xa que a luz procedía de distintos puntos. As gamas de cores simplificáronse notablemente, nunha radical tendencia ao monocromatismo: castaños, grises, cremas, verdes e azuis. Con todo isto tentábase combinar a tridimensionlidade do mundo real coa bidimensinalidade da obra artística. Nunha primeira etapa da fase analítica, todas estas formas apareceron xeralmente compactas e densas, para irse facendo cada vez máis amplas e fluídas ata difuminarse nos bordes do lenzo. Os cadros resultan de difícil comprensión, facéndose progresivamente herméticos. O fondo e a figura representada confúndense pois aquel parece avanzar ata o primeiro plano, e pola contra,a figura parece diluírse e difundirse dentro do espacio do cadro. Conscientes deste hermetismo dos cadros, os artistas engaden moitos detalles reais ou fragmentos dos obxectos reproducidos para que o espectador comprenda os devanditos obxectos, por exemplo, pintan os eses, as chaves e o mastil dun violín, as clavixas dunha guitarra (que aparecen representadas de xeito realista e minucioso), ou tamén representan letras e cifras en caracteres de imprenta, feitas con plantilla. O mesmo que os anteditos detalles realistas, tamén o titulo do cadro ten unha grande importancia, pois funciona coma unha pista para orientar ó espectador

Os pintores de esta época aseguraban que, sen renunciar á aplicación das regras da perspectiva tradicional, na natureza todo podía ser reducido a formas xeométricas, tales como o cilindro, a esfera ou o cono

Os elementos preferidos para reflectir nos cadros foron os instrumentos musicais –en especial a guitarra-, botellas, pipas, vasos e periódicos aínda que nunca se excluíu a figura humana. Entre as obras máis destacadas destes momentos cabe sinalar “Muchacha con mandolina” de Picasso e “Home con guitarra” de Braque.



[editar] CUBISMO SINTÉTICO

No cubismo sintético os obxectos reconstrúense a través da introdución da cor e de diferentes materias (trozos de madeira, recortes de periódico, tea, area...), a realidade recupérase pero non para imitala, se non para dar vida propia ó obxecto dentro do espacio real e libre do cadro. (“Bodegón con silla de rejilla”, 1912, de Picasso) Do cubismo sintético considérase creador a Juan Gris quen dixo, “ De un cilindro hago una botella”. Este pintor, a través da xeometría consegue a imaxe total, obxectos novos a partir do abstracto, (“Naturaleza muerta con botella”-1912) A fase sitética trouxo a reconsideración dalgúns dos xeitos expresivos da anterior. A cor volve a ter agora un maior protagonismo. As superficies, aínda que seguen aparecendo sempre fragmentadas, eran máis amplas e decorativas. A novidade máis singular foi, se dubida o uso de materiais non pictóricos. Esta técnica coñecida como “collage” incorporou ó lenzo elementos cotiás como paquetes de cigarrilos, paxinas de periódicos, trozos de vidro, e ás veces incluso area. O que se propoñen ó introducir nos cadros ou nos debuxos, trocos de papel de periódico, papel pintado, trocos de plástico, etc., era reninciar ós artificios do pincel, remplazando a superficie “Pintada a man” polo elemento “Xa feito”. Tamén se consideraba realismo, pois o mellor medio para conseguir plasmar a realidade era pegar no cadro a propia realidade, é dicir, é máis fácil e máis verídico, pegar nun cadro un periódico, que pintalo. Braque explicpu que utilizaba o collage para lograr maior obxetividade, aínda que os obxetos que pegaba nos cadros non facia que as obras parecesen máis reais. Ó contrario, a primeira vez que Picasso pegou algo nun lenzo foi un trozo de plástico estampado que imitaba o mimbre dunha cadeira. Tanto Picasso como Braque deleiábanse coas texturas. Este xeito de traballo tiña moito de humor e diversión e incluso un pouco de burla para o espectador e incluso chegan máis lonxe cando pintan sobre a tea imitando que pegan papel polo que hai fragmentos dos cadros que nos fan dubidar de se se trata dunha pintura o dun colage dunha madeira pegada, ou un trozo de papel pegado imitando madeira. Non cabe dúbida de que tiña moito de lúdico e moito de humor que puxeran nas súas bras estas superficies falseadas. Coa utilización deste inusitados materiais no lenzo, o cubismo, á vez que aproveitou as diferencia de textura e de naturza dos seus compoñentes, plantexou dende un ángulo orixinal, a cuestión sempre inquietante de que era realidade e de que era ilusión. Neste estilo cubista Braque realizou os seus famosos “Papiers colles” e Picasso obras como o marabilloso cadro “El jugador de cartas” o “Naturaleza muerta en verde”, tamén o cadro “Arlequín” e un cadro cubista sintético.

Juan Gris dixo “ El análisis de ayer se ha transformado en síntesis por medio de la expresón de las relaciones entre los objetos”.

Este pintor moi a menudo realiza cadros metidos dentro de un ovalo como para suliñar ese desexo de unidade. este ovalo recolle e pecha un espacio –O do cadro-, onde todo son rectas ángulos e arestas, afirmando así claramente a súa vontade de resumir de facer balance, en definitiva de ofrecer unha síntese. A evolución de Braque cara o cubismo sintético foi máis lenta ca de Picasso, conservando en xeral un espíritu máis analítico, ó contrario que Juan Gris que no se interesou moito polo cubismo analítico e os seus cadros foro máis do cubismo sintético.


[editar] PROCESO DE FORMACIÓN

Pénsase que a orixe deste movemento cubista ten dúas fontes moi distintas: - Dunha parte o impacto que nos círculos artísticos de París causou a escultura primitiva africana (incluso tamén a Ibérica –según algúns críticos-). - Por outra parte pola influenza do pintor francés Paul Cézanne e a súa tendenza a minguar os volumes dos obxectos reais a elementos simples como o cilindro, a esfera, o cubo, etc..

Ademáis do antedito tamén influíu a reacción que nese momento houbo contra o fauvismo, tendencia pictórica na que o estalido da cor era un dos aspectos máis sobresaíntes. Os creadores, que iniciaron as experimentacións cubistas foron Picasso e Braque. O primeiro cadro cubista, pintado por Picasso en 1907 “Las Señoritas de Avignon”. Neste lenzo, as figuras fimininas están singularmente tratadas, as súas siluetas semellan estar fracturadas, teñen formas planas e os trazos que as delimitan son sempre rectilíneos e angulares. Ó mesmo tempo téntase representar, de xeito simultáneo, un rostro humano de frente e de perfil. Á vez que Picasso desenvolvía estas investigacións, Braque realizaba unha serie de paisaxes caracterizados pola escasez de colorido e por representar os volúmenes a base de planos inclinados. O estilo cubista presentouse coma unha pintura plana, bidimensional e contraria ás técnicas ata ese momento tradicionais, da perspectiva e do claroscuro. Rexeitou así mesmo á antiga, e por séculos mantida, teoría de que a arte era a imitación da natureza. E por iso que aínda que inicialmente os pintores cubista tomaron como modelos os temas da natureza e representaron rostros e figuras humanas axiña centraron as súas temáticas en naturezas mortas, que eran composicións a base de obxectos usuais situados case sempre sobre unha mesa, que carecían de profundidade e na que tódolos elementos ocupan o primeiro plano mediante unha descomposición en facetas. Dende os primeiros anos estableceuse unha estreita relación entre Picasso e Braque o quer permitiu ó cubismo dunha fase previa de experimentación a outra máis madura entre os anos 1910 e 1912. Nos inicios do cubismo tamén tivo grande importancia o marchante Daniel Kahnweiler, cuxa galería converteuse no centro de difusión do cubismo. Ademais, o movemento cubista tomaba forma e medraba nas reunións mantidas entre Picasso, Juan Gris, Matisse e Diego Rivera, e escritores franceses como Cocteau e Apollinaire contribuíron cos seus textos á difundir o movemento cubista

[editar] DESENVOLVEMENTO DO CUBISMO

Ademáis dos grandes mestres mencionados houbo outra serie de artistas que realizaron un cubismo cercano ó de Picasso ou Braque, pero con toques persoais, como Juan Gris e os pintores franceses Fernand Léger, Albert Gleizes e Jean Metzinger. Cando esta estética se difundiu por toda Europa apareceron unha serie de grupos ou tendencias cas súas propias características:

- O Cubismo “órfico” OU ¨Orfismo¨, do francés Robert Delaunay, que daba unha grande importancia á cor e empregaba elementos compositivos inventados polo artista, o grupo de Puteaux, co francés Marcel Duchamp, que aportou un cubiso dinámico e moi intelectual. - O “Neoplasticismo” do holandés Piet Mondrián. - O “Suprematismo” do ruso Kasimir Malevich. - O “Construtivismo” tamén ruso Vladimir Tatlin. - O “Purismo” de estética racional e xeométrica impulsado polos franceses Amadeé Ozenfant e Charles Édouard Jeanneret.

O grande arquitecto Le Corbusier, de orixe suízo, aplicou logo os principios deste último movemento á arquitectura.

[editar] EXEMPLOS

LES DEMOISELLES D'AVIGNON (As Señoritas de Avignon)

(1907)

Óleo sobre lenzo Metropolitan Museum of Art, Nova York Este é o primeiro ejemplo deste novo estilo de arte que seguirían moitos outros artistas. É sen dúbida o punto de partida para Picasso e para outros moitos creadores que definirían este estilo cubista e o levaría a ser un dos principias movementos da arte do s. XX. A suavidade e a delicadeza coa que tradicionalmente se trataba o desnudo feminino, transfórmase bruscamente en planos e ángulos dunha dureza non comprendida polos críticos da época. Pese a ser esta a teoría máis extendida, existen discrepancias sobre se en realidade é un cadro cubista, pre-cubista ou unha representación pre-abstracta. Tamén o tema produce polémica, xa que nos debuxos previos aparecen personaxes masculinos –un mariñeiro e un estudante- que desaparecen no lenzo definitivo. É posible que sexa a evolución dun cadro anterior da “época rosa”, "El Harén", e o tema sexa unha visión dun prostíbulo. En "El Harén" aparecen homes e en "Les Demoiselles Dávignon" decide poñer só mulleres "nun escaparate", facendo que o espectador participe activamente no cadro e non sexa un mero contemplador.


Imaxe --> http://www.acsu.buffalo.edu/~jconte/Images/Picasso_Demoiselles.jpg

NATURALEZA MORTA (Os Paxaros mortos)

(1912)

Óleo sobre lenzo (46 x 65 cm.) Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía

Emprega neste cadro as características fundamentais do cubismo: formas dislocadas, ángulos, planos superpostos, referencias á realidade ... Os protagonistas deste lenzo, -os paxaros mortos- son de difícil localización, aparecen plumas en diversos planos, picos, patas mesturados con elementos que acercan á realidade como son os titulares dos xornais e textos illados.


Imaxe --> http://www.museoreinasofia.es/s-coleccion/img_obras_grande/naturalezamuerta9fc7da27c319905d11829df5a66899f7.jpg


A FLAUTA DE PAN (1923) Óleo sobre lenzo. (205 x 174,5 cm.) Museo Picasso. París


Despois da Primeira Guerra Munidal, o mundo artístico regresa a un concepto máis clásico e real das súas obras. Prodúcese unha volta á figuración na que a figura humana toma novamente relevancia. Picasso non é alleo a estas tendencias e este cadro é proba delo. As figuras e o escenario con grandes bloques de pedra recordan o clasicismo grego, pero coa luz, o ceo e o mar do Mediterráneo. Ademais Picasso segue realizando obras cubistas, o seu xenio creador non lle deixa retroceder, segue evolucionando e innovando. Imaxe --> http://www.net-arte.com/Avanzado/obra/flautapan.jpg

INSTRUMENTS DE MUSIQUE SUR UNE TABLE (Instrumentos de música sobre unha mesa)

(1925)

Óleo sobre lenzo.

(162 x 204,5 cm.)

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía


A evolución de Picasso é evidente, segue facendo cadros máis clásicos que alterna con innovacións pseudocubistas.

Neste cadro son evidentes estas tendencias.

A súa amizade con Joan Miró fai que nas súas obras se reflicta unha investigación común que este último levaría ata as súas últimas consecuencias.


Imaxe -->



BUSTE ET PALETTE (Busto e paleta) (1925) Óleo sobre lenzo. (54 x 65,5 cm.) Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía

Á vez que xurde o movemento surrealista –do que Picasso se distancia a pesares da insistencia de incluílo- el reliza obras de dificil encadramento.

Neste caso, un bodegón de sinxela composición, no que ademais dos elementos protagonistas realza o fondo –verxa e fiestra- cun dibuxo de liña certamente agresiva.


Imaxe --> http://www.museoreinasofia.es/s-coleccion/img_obras_grande/buste2557ffa66ddc8dae052a01e6c433e698.jpg




LA NAGEUSE (1934) Carboncillo sobre lenzo.

(182 x 216 cm.)

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía


Xa comezan a verse as novas formas expresivas que Picasso adoptará no "Guernica", e o seu deseño basearase nestos traballos anteriores.

Este é unha mestura de cubismo, figuras retorcidas, luces ... un estilo fundamentalmete expresivo, ideal para transmitir ideas e emocións.




Imaxe --> http://www.museoreinasofia.es/s-coleccion/img_obras_grande/nageuse0b5371bb175783008a40d4106d8617ce.jpg





GUERNICA (1937) Óleo sobre lenzo (349 x 776 cm) Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía


Máis que un cadro, é un cartel, un cartel en lenzo sen texto.

Non facía falta máis, todo estaba "escrito" nesta impactante imáxen.

Picasso, que máis tarde se afiliaría ó Partido Comunista de Francia, era defensor da Republica Española e esta tiña nel un fiel artista de fama recoñecida.

Imaxe ---> http://www.terra.es/personal/asg00003/picasso/grguer2.jpg



CABEZA DE CABALLO (1937) Óleo sobre lenzo (65 x 92 cm) Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía



ESTUDIO (CABEZA DE CABALLO) (1937) Grafito sobre papel azul. (26,6 x 21 cm) Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía

imaxe --> http://www.spanisharts.com/reinasofia/picasso/caballo.jpg , http://www.museoreinasofia.es/s-coleccion/img_obras_grande/estudiocabezacaballo8056e83657edc537b2e99cadbd4ab0a0.jpg


MADRE CON NIÑO MUERTO (1937) Barra de cor, grafito e óleo sobre lenzo (55 x 46 cm) Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía



Outro estudio para o “Guernica”.

Obsérvase que dos primeiros estudos ó resultado final existe unha gran diferencia. Estos traballos previos son moito máis complicados, con máis liñas, máis planos e incluso con cor.

O motivo desta simplificación é a adaptación dun cadro -os distintos estudos- a un "cartel" de grandes dimensións, onde o detalle pasaría desapercibido.



Imaxe --> http://www.museoreinasofia.es/s-coleccion/img_obras_grande/madreyninioed3ce3d395178c71e12d05d45d6bbc62.jpg



"FEMME ASSISE DANS UN FATUTEUIL GRIS" (Muller sentada nun sillón gris) (1939) Óleo sobre lenzo (130 x 97 cm) Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía

Picasso utiliza este tema -muller sentada nun sillón- como modelo para realizar numerosos retratos femininos.

Neste obsérvase as influenzas dos traballos realizados para o "Guernica", a deformación excesiva da cara con formas redondeadas e a conformación do corpo en masas de cor rectangulares.

A influenza da Guerra Civil Española é evidente nestes traballos onde a expresividade dos rostros é dramática.


Imaxe --> http://www.spanisharts.com/reinasofia/picasso/sillongris_lt.jpg  

"NATURALEZA MUERTA" (1944) Óleo sobre lenzo (81 x 100 cm) Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía


Á vez que comeza a realizar litografías con evidente entusiasmo, Picasso realiza obras de tema clásico, fundamentalmente bodegóns. Nestas obras volve a aparecer a cor, con tonalidades máis básicas contrastadas. As luces dividen drásticamente o cadro en dúas partes, a superior iluminada e a inferior de sombra.

Imaxe --> http://www.spanisharts.com/reinasofia/picasso/naturaleza_lt.jpg



"LAS MENINAS" (1957) Óleo sobre lenzo (194 x 260 cm) Museo Picasso. Barcelona.


A mediados dos años 50 Picasso comeza a realizar estudos dos clásicos e realiza "series" de grandes cadros da historia da arte. Esta obra "Las Meninas", é a elixida das de Velázquez. Outros trajallos desta época son "Desayuno en la hierba" de Manet ou "El rapto de las Sabinas" de David.

Non se pode decir que éste sexa o cadro definitivo do estudio de “Las Meninas” xa que realizou unha serie con máis de cincuenta versións. As licenzas que toma nestas interpretacións son arriscadas: o formato horizontal e non vertical como o orixinal para incluír máis elementos narrativos, novos personaxes -retrato de Jaqueline (a súa compañeira neses momentos), palomas...-.

Como curiosidade, Picasso comeza a serie de “Las Meninas” en agosto e remata en decembro de 1957, pero non deixou que ninguén, excepto Jacqueline, os vise durante este tempo.



Imaxe --> http://www.artchive.com/artchive/p/picasso/meninas.jpg




"EL PINTOR Y LA MODELO" (1963) Óleo sobre lenzo (130 x 195 cm) Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía


As obras máis coloristas as realiza Picasso a partires do 1960 en Nòtre-Dame-de-Vie onde se traslada a vivir.

Neste cadro con caras caricaturescas demostra a súa habilidade de transmitir o sentimento dos protagonistas que están na imaxen.

Posiblemente sexa a interpretación dunha época da súa vida privada, con personaxes -pintor, modelo- e as súas situacións personais do seu entorno.


imaxe --> http://www.museoreinasofia.es/s-coleccion/img_obras_grande/pintorymodelo70adc98029b1bd440c1b25567fe5d946.jpg

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu