Cuiabá
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cuiabá | |
---|---|
Estado: | Mato Grosso |
Superficie: | 3.971 km² |
Poboación | 524.666 (Est. 2005) |
Altura: | 165 m sobre o nivel do mar |
Código Postal (CEP): | 78000-000 |
Fuso horario | UTC-4 |
Coordenadas xeográficas: | 15° 35' lat. sur 56º 06' lonx. oeste |
Distancia de Brasilia | 1133 km |
Administración local: | Prefeitura Municipal de Cuiabá Palácio Alencastro, 7 andar - Centro Cuiabá - MT |
Internet: | www.cuiaba.mt.gov.br |
Alcalde (prefeito) | Wilson Santos |
Mapa | |
![]() |
Cuiabá é a capital do Estado brasileiro de Mato Grosso. Forma unha conurbación co veciño municipio de Várzea Grande.
A orixe do seu nome é a palabra indíxena Ikuiapá. Ikuia significa "arpón"; pá significa "lugar". Ou sexa, o lugar dende o que se pesca con arpón.
Índice |
[editar] Relevo
O cadro xeomorfoloxico do municipio está, en gran parte, representado pola Chapada dos Guimarães, unha gran meseta non moi distante (uns 60 km) do centro da cidade. Pero tamén aparecen no relevo o Planalto da Casca e a Depresión Cuiabana. Predominan as pequenas altitudes e o relevo case plano. Na cidade, as altitudes varían entre os 146 e os 250 metros.
[editar] Clima
O clima é tropical quente e subhúmido. A media anual chuvias é de 1.750 mm, con intensidade máxima en decembro, xaneiro e febreiro. A temperatura máxima, nos meses mais quentes, fica próximo ós 43oC. A mínima varía entre 12 e 14ºC. A temperatura media é de 24ºC. A temperatura mínima rexistrada chegou ó 0ºC.
[editar] Localización estratéxica
Cuiabá é cercada por tres grandes ecosistemas do mundo: a Amazonia, o Cerrado Brasileiro e o Pantanal. Con un clima moi quente, o lugar está ao norte do Pantanal, ao lado da Chapada dos Guimarães e tamén é considerada a porta de entrada da Floresta Amazónica.
Cuiabá está localizada no Centro Xeodésico da América do Sur. A Gran Cuiabá, formada coa veciña cidade de Várzea Grande, é o portón de entrada non só do Pantanal, pero tamén para Águas Quentes, Chapada dos Guimarães, Vila Bela da Santíssima Trindade e moitas outras rexións do estado. Cuiabá e Várzea Grande son cidades-irmás, unidas polo río Cuiabá.
[editar] Economía
A economia de Cuiabá, hoxe, está centralizada no comercio e na industria. O sector industrial é representado, basicamente, pola agroindustria. Con un distrito industrial que ten infra-estrutura necesaria, a capital atraeu empresarios de varias rexións do país.
Na agricultura cultívanse lavouras de subsistencia e hortifrutigranxeiros. Nos servizos, destaca o sempre crecente mercado do turismo.