Cunene
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cunene é un río no sudoeste de África, flúe desde as serras de Angola cara a fronteira de Namibia ata desembocar no Océano Atlántico tras percorrer 1126 km. É un dos poucos ríos permanentes da rexión. O goberno de Namibia pretende construír sobre o río o encoro de Epupa que pode danar o ecosistema local e a base socioeconómica dos Himba.
Categorías: Ríos | África