Daher Ahmed Farah
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Daher Ahmed Farah (Dikhil, 1962) é un xornalista, escritor e político xibutí.
Naceu no seo dunha familia nómade e non foi á escola ata os 11 anos, en 1983 entrou no exército xibutí e realizou estudos en Francia, deixa o exército en 1991 e de volta no seu país foi redactor xefe de La Nation e foi un dos membros fundadores do Partido da Renovación Democrática, oposto ao goberno, en 1997 accedeu á presidencia do partido e as autoridades arrestárono en outubro dese ano. Na actualidade é o presidente do partido opositor Movemento pola Renovación Democrática e o Desenvolvemento (MRD).
En 1993 publicou a primeira novela en francés dun xibutí, Splendor éphémère e é autor tamén de poemas en somalí.