Danny Lohner
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Daniel Patrick Lohner (nacido o 3 de decembro de 1970 en Corpus Christi, Texas), é un músico de rock que toca o baixo, a guitarra e os teclados. Traballou con Trent Reznor en numerosas ocasións, na banda Nine Inch Nails e no proxecto Tapeworm. Tamén tocou en Killing Joke, Methods of Mayhem e foi un dos membros fundadores da xa disolta banda de industrial-trash Skrew, así como da banda texana de thrash metal Angkor Wat.
Tamén colabarou no álbum de Marilyn Manson Antichrist Superstar e tamén participou en discos de Nine Inch Nails debido á relación entre Marilyn Manson e Trent Reznor. Lohner pode ser escoitado tocando a guitarra acústica no tema "The Reflecting God".
Tamén fixo remesturas para varios artistas baixo o seudónimo Renholdër ("re:d.lohner" ao revés), como no tema do mesmo nome de A Perfect Circle, no seu álbum Mer de Noms. El apareceu en todos os álbumes de A Perfect Circle dun xeito ou doutro, e tocou coa banda durante un tempo.
Durante o ano 2003 Lohner traballou con Richard Patrick de Filter, Wes Borland de Limp Bizkit e From First to Last, e Josh Freese de A Perfect Circle, nun proxecto chamado The Damning Well. Gravaron 14 temas, pero só un deles sería editado como parte da película Underworld, titulado "Awakening.