De Havilland Venom
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Venom foi deseñado como substituto do Vampire, do que herdou o mesmo deseño básico pero cunha ala en frecha moderada e máis delgada e cun motor Ghost no lugar do Goblin orixinal. O Venom FB.Mk 1 entrou en servizo no Escuadrón 11 en Agosto do 1952. No ano 1955 substituílle o FB.Mk 4, con aleróns servoasistidos e timóns de dirección maiores. O Venom nunca serviu en escadróns baseados en Gran Bretaña, pero equipou nove deles despregados na RFA entre o 1952 e o 1957, tres en Extremo Oriente e sete en Oriente Medio. Entrou en acción en Suéz, durante a rebelión omaní e na longa guerra de Malasia. O derradeiro FB.Mk 4 foi dado de baixa, polo 28 Escadrón de Hong Kong, en Xullo do 1962.
[editar] Especificacións
Tipo: Cazabombardeiro monopraza De Havilland Venom FB.Mk 4.
Construtor: De Havilland
Ano: 1949
Principal usuario: Royal Air Force e a Fleet Air Arm
Envergadura: 12,69 m.
Lonxitude: 9,70 m.
Altura: 1,88 m.
Area alar: 25,90 m2.
Peso baleiro: 4.173 Kg.
Peso cargado: 7.000 Kg.
Planta motriz: 1 De Havilland Ghost de 4.850 libras de empuxe.
Armamento: 4 canóns de 20 mm a proa e 2.000 libras de bombas e foguetes subalares.
Velocidade máxima: 640 millas/h ó nivel do mar.
Alcance operacional: 500 millas