Demospongiae
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Desmosponxas, esponxas silíceas ou esponxas córneas é a clase máis numerosa do filo Porifera (esponxas) e é a que contén a maior variedade destas espoxas; se diferencia por posuir un esqueleto de fibras de esponxina, unha substancia exclusiva destes animais ou de mineral sílice ou de ámbolos dous.
[editar] Estrutura
Megascleras e microscleras diferenciables e xamais con seis radios.Xeralmente as pequenas espículas atópanse nas partes brandas e aparecen grandes espículas esqueléticas. Todas as Demosponxas son da tipoloxía leuconoide, e a maioria é irregular, sen embargo existen todos os tipos de patróns de crecimento. Algunhas son incrustantes; outras teñen un aspecto de ramificacións ascendentes ou plataformas irregulares; outras teñen formas de cordón ou son foliáceas. A maioría son mariñas, aínda que tamén existen especies de auga doce (Familia Spongillidae). Este grupo de esponxas varían na súa distribución dende augas rasas a grandes profundidades. A reprodución neste grupo pode ser tanto sexual como asexual.
[editar] Clasificación das desmosponxas
Hooper e van Soest obteron a seguinte clasificación;
- Subclase Homoscleromorpha Bergquist, 1978
- Orde Homosclerophorida Dendy, 1905
- Subclase Tetractinomorpha
- Orde Astrophorida Sollas, 1888
- Orde Chondrosida Boury-Esnault & Lopès, 1985
- Orde Hadromerida Topsent, 1894
- Orde Lithistida Sollas, 1888
- Orde Spirophorida Bergquist & Hogg, 1969
- Subclase Ceractinomorpha Levi, 1953
- Orde Agelasida Verrill, 1907
- Orde Dendroceratida Minchin, 1900
- Orde Dictyoceratida Minchin, 1900
- Orde Halichondrida Gray, 1867
- Orde Halisarcida Bergquist, 1996
- Orde Haplosclerida Topsent, 1928
- Orde Poecilosclerida Topsent, 1928
- Orde Verongida Bergquist, 1978
- Orde Verticillitida Termier & Termier, 1977
Sen embargo, evidencias moleculares suxiren que debería ser revisada a clasificación da sublcase Homoscleromorpha.
[editar] Listaxe das esponxas Desmosponxas máis coñecidas (por orde alfabética do nome científico)
- Axinella verrucosa
- Chondrosia reniforme
- Cliona celata
- Dysidea fragilis
- Ephydatia fluviatilis
- Geodia conhilega
- Halichondria panicea
- Hippopongia communis (esponxa de cabalo)
- Hymeniacidon sanguinea
- Mycale massa
- Myxilla incrustans
- Oscarella domuncula
- Spongia officinalis (esponxa de baño)
- Suberites domuncula (= Ficulina ficus)(Esponxa de ermitán)