Dian Fossey
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bioloxía Dian Fossey (1932 - 1985)
Nada o 16 de xaneiro de 1932, obtivo o título en terapia ocupacional no San Jose State College no 1954, e trasladouse a Kentucky para traballar nun hospital que deixou polo impulso de visitar África, onde se reuniu co Dr. Leakey no 1963. En Ruanda creou o Centro de Investigación Karisoke no 1967. No 1974 obtivo o doctorado en Cambridge.
Esta primatóloga norteamericana estivo interesada na vida dos gorilas, completando diversos estudos sobre varios grupos destes animais a partir da súa observación diaria nos bosques de montaña no entorno de Ruanda.
Foi atopada asasinada o 26 de decembro de 1985. Hai evidencias que relacionan a súa morte coa súa defensa dos gorilas e o seu hábitat.
É famosa a súa memoria “Gorilas na néboa”, de fondo científico, que foi levada ó cine de xeito novelado.