Dolmen de Pedra Moura
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O dolmen da Pedra Moura de Aldemunde (Carballo) ten unhas dimensións de 2,40 m por 3,20 m. Os ortóstatos foron movidos e só dous están no seu emprazamento orixinal. O máis alto chega aos 2,30 m de altura.
Segundo a lenda, a pedra foi traída por unha moura, que a trouxa na cabeza mentres fiaba nunha roca e daba de mamar a un bebé.