Doutrina xurídica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Concepto
A doutrina xurídica é a opinión dos xuristas expertos e estudiosos do Dereito, plasmada en obras, manuais, estudios e traballos.
A doutrina xurídica non constitúe fonte do dereito, mais, ao se tratar de opinións autorizadas, é invocable polo avogado diante dos Xulgados e Tribunais, como apoio ás alegacións, ou polos técnicos a hora de redactar un informe.
Na práctica só se acude á doutrina cando a lei non resolve as dúbidas e non existe xurisprudencia aplicable ao caso, ou esta é confusa ou vacilante.
A doutrina xurídica é unha manifestación da liberdade de pensamento e opinión, é por iso é frecuente que existan distintas doutrinas arredor dunha mesma cuestión.