Dragan Džajić
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dragan Džajić | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Dragan Džajić | ||
Alcume: | ' | ||
Data de nacemento: | 30 de maio de 1946 | ||
Lugar de nacemento: | Ub, Serbia | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | ![]() ![]() |
||
Clube actual: | retirado | ||
Posición: | Estremo Esquerdo | ||
Altura: | metros | ||
Partidos internacionais: | 85 | ||
Goles: | 23 (selección) | ||
Ano do debut: | 1961 | ||
Clube do debut: | Estrela Vermella de Belgrado | ||
Ano do retiro: | 1978 | ||
Clube do retiro: | Estrela Vermella de Belgrado |
Dragan Džajić (en Cirílico: Драган Џајић) foi un futbolista Serbio. Xogaba na posición de estremo esquerdo. A súa carreira transcorre entre 1961 e 1978.
Džajić naceu nunha pequena vila chamada Ub o 30 de maio de 1946, preto da cidade de Belgrado.
Case toda a súa vida deportiva permanece no Estrela Vermella de Belgrado, salvo dous anos, entre 1975 e 1977 que xogou no Bastia, en Francia. Co Estrela Vermella anotou 108 goles e co Bastia 31.
Internacionalmente debuta o 17 de xuño de 1964 coa selección de Iugoslavia, nun encontro contra Romanía. En total desputou un total de 85 encontros internacionais, anotando 23 goles.
Despois do seu retiro chegou a ser adestrador e presidente do Estrela Vermella, posto ó que renunciou en 2004 por motivos de saúde.
Džajić considérase coma un dos mellores estremos da historia, reunindo tódalas cualidades requeridas a un xogador nesa posición, destacando polo seu regate, velocidade, bo disparo a porta e por riba de todo, polos seus abraiantes centros. Non menos abraiante era a sús habilidade a balón parado, sendo un auténtico mestre nos lanzamentos de falta e nos lanzamentos de córner directo.