Dragan Stojković
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dragan Stojković | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Dragan Stojković | ||
Alcume: | 'Piksi ou Pixy' | ||
Data de nacemento: | 3 de marzo de 1965 | ||
Lugar de nacemento: | Niš, Serbia | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | |||
Clube actual: | retirado | ||
Posición: | Mediapunta,Segundo Dianteiro | ||
Altura: | 1,75 m metros | ||
Partidos internacionais: | 84 | ||
Goles: | 15 (selección) | ||
Ano do debut: | 1981 | ||
Clube do debut: | FK Radnički | ||
Ano do retiro: | 2001 | ||
Clube do retiro: | Nagoya Grampus Eight |
Dragan Stojković en Cirílico: Драган Стојковић), (nado o 3 de marzo de 1965 en Niš, Serbia) é un ex-futbolista e o actual presidente do Estrela Vermella de Belgrado. Tamén é coñecido polo seu alcume Piksi ou Pixy.
Talentoso mediocampista aínda que tamén xogaba ás veces de diantiero, Stojković comeza a súa carreira profesional na Primeira División Iugoslava no equipo da súa cidade, o Radnički Niš na tempada 1981-82. Alí ficará as catro seguintes, xogando 69 encontros e anotando 8 goles. Logo marchará ao Estrela Vermella de Belgrado onde estivo cinco tempadas, xogando 120 encontros e anotando 48 goles. Foi nomeado mellor xogador da liga nos anos 1988 e 1989.
Stojković tamén xogou no Hellas Verona e dúas tempadas e media no Olympique de Marsella. O Olympique con Stojković gañou a Liga de Campións no 1993.
Na primaveira de 1984 Stojković ficha polo clube Xaponés Nagoya Grampus Eight, adestrado por Arsène Wenger e no que que tamén xogaba Gary Lineker. Alí ficou sete tempadas, xogando 183 encontros e anotando 57 goles. Foi nomeado mellor xogador da liga en 1995. En Xapón hai un monumento, un estadio e unha rúa no seu nome.
Coa selección, xogou 84 encontros e anotou 15 goles, tanto na selección Iugoslava coma na Serbia. O seu debut foi en xuño de 1983, e participou nas Eurocopas de 1984 e do 2000. Tamén participou nos mundiais de 1990 e 1998
Na actualidade é o presidente do Estrela Vermella de Belgrado.