Dynamite Dan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dynamite Dan é un videoxogo programado por Rob Bowkett para Mirrorsoft en 1985 orixinalmente para o ZX Spectrum, realizáronse versións para Commodore 64 e CPC Amstrad. En 1986 lanzouse unha secuela, Dynamite Dan II.
Os servizos de espionaxe dos Estados Unidos descubriron un plan para realizar unha arma terrorífica que poría en perigo a paz mundial, o seu nome Lóstrego Devastador e o seu inventor, o Dr. Blitzen que vende os documentos ao leste. A señora da limpeza, seguindo as instrucións dos servizos de intelixencia occidentais, escondeu na mansión do doutor 8 cartuchos de dinamita pero por desgraza para o axente Dan, encargado de impedir a entrega dos documentos, esqueceu a súa situación, ademais os 48 cuartos da mansión están infestados de monstros.