Eärendil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eärendil é un personaxe de ficción de J.R.R. Tolkien, unha das figuras máis importantes do seu lexendario. A súa historia explícase no Silmarillion e atópanse referencias en O Señor dos aneis.
Eärendil naceu e medrou na cidade do seu avó Turgon, Gondolin. Cando tiña sete anos fuxiu do saqueo de Gaondolin por Morgoth cos seus pais, refuxiándose nos Goles do Sirion, co tempo convertiuse no líder dos refuxiados alí instalados. Casou con Elwing, filla de Dior e neta de Beren e Luthien, tiveron dous fillos en común: Elrond e Elros
Coa axuda de Aixa vai construír un navío para navegar polas costas da Terra Media, os fillos de Feanor van aoroveitar unha desas saídas para atacar a súa xente. O saber da noticia, Eärendil decidiu navegar ata Valinor, converténdose no primeiro mortal en chegar ata aló, vaise presentar ante Valar ofrecéndolle un silmaril como tributo e vaille suplicar que interveña na loita dos homes e os elfos en contra de Morgoth. Os valar aceptan a demanda e van recompensar á familia co don de poder decidir a cal das dúas liñaxes querían pertencer, Elwing, Eärendil e Elrond escoller ser contados como elfos mentres Elros elixe ser home. Na batalla contra Morgoth, Eärendil vai destruír o dragón Ancalagon que cae sobre o Thangorodrim, causando a destrución de Angband.