Eclipse solar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un eclipse solar ou eclipse de sol ocorre cando o Sol, a Lúa e a Terra están aliñados, coa Lúa no medio. Visto desde a Terra, a Lúa fica en frente ao sol, e así parte ou toda a luz do Sol é encoberta pola lúa.
Índice |
[editar] Tipos de eclipses solares
Hai catro tipos de eclipses solares:
- O eclipse solar parcial
- somente unha parte do sol é ocultada polo disco lunar
- O eclipse solar total
- Toda a luminosidade do Sol é escondida pola Lua
- O eclipse en anel ou eclipse anular
- Un anel da luminisodade solar pode ser vista ao redor da lúa (provocado polo feito de a umbra da Lúa non estar atinxindo a superficie da Terra, o que pode acontecer se a Lúa estiver próxima de seu afelio. Isto é similar à ocorrencia do eclipse penumbral da lúa.
- O eclipse híbrido
- cando a curvatura da Terra fai que o eclipse sexa observado como anular nalguns sitios e total noutros. O eclipse total é visto nos puntos da superficie terrestre que están ao longo do camiño do eclipse e están fisicamente máis próximos á Lúa, e poden, así, seren atinxidos pola umbra; outros lugares, menos próximos da Lúa debido á curvatura da Terra, caen na antumbra da lúa, e observan un eclipse anular.
O termo "eclipse" para o do sol non é exacto. O fenómeno é, estritamente, unha ocultación: un "eclipse" acontece cando un corpo celeste pasa pola sombra producida por outro (como no eclipse de Lúa). Unha "ocultación" ten lugar cando un corpo pasa por diante doutro. Cando a Lúa pasa por diante de, ou oculta, o Sol, tal e como se ve desde a Terra, a Lúa tamén produce unha pequena sombra na Terra. Unha "ocultación" do Sol é, polo tanto, tamén un "eclipse" pasrcial de Terra.
Os eclipses solares poden acontecer apenas durante a fase de Lúa Nova, por ser o período en que a Lúa está posicionada entre a Terra e o Sol.
[editar] Causa e frecuncia dos eclipses
Os eclipses do Sol acontecen cando a Lúa se aliña co Sol e a Terra, mais debido á orbita elíptica da Lúa, non sempre o Sol é totalmente coberto pela Lúa.
Un eclipse do Sol pode ser visto apenas nun ponto da Terra, que se move debido á rotación da Terra e da traslación da Lúa. A distancia da Lúa en relación á Terra determina a cantidade de luz que é coberta do Sol, ben como a anchura da penumbra e escuridade total (máis ou menos 100 quilómetros). Esa anchura estará no máximo se a Lúa aparece no perixeo, durante o cal a anchura pode atinxir até 270 km.
Os eclipses totais do sol son eventos relativamente raros. Apesar de eles aconteceren nalgún lugar da Terra a cada 18 meses, estímase que recaen (isto é, dúas veces) nun lugar dado apenas a cada 300 ou 400 anos. Após un longo tempo esperando, o eclipse total do Sol dura apenas alguns minutos, dado que a umbra da Lua se move cara o leste a máis de 1700 km/h. A escuridade total non dura máis que 7 min 40 s. A cada milenio teñen lugar menos de 10 eclipses totais do Sol que ultrapasem máis de 7 min de duración. A última vez que iso aconteceu foi o 30 de xuño de 1973, e a próxima produciráse apenas o 25 de xuño de 2150. O eclipse total do sol máis longo durante um período total de 8000 anos (entre 3000 a.C. e 5000) ocorrerá o 16 de xullo de 2186, cun tempo total de 7 minutos e 29 segundos.
Para os astrónomos, un eclipse total do Sol é unha rara oportunidade de observar a coroa solar (a camada externa do Sol). Normalmente, a coroa solar non é visíbel a ollo nu debido ao feito de que a fotosfera é moito mais brillante do que a coroa solar.
[editar] Cálculo da data
Sabendo o día e a hora dun eclipse solar, pódense prever outros eclipses usando o ciclo de eclipses. Dous ciclos de eclipses ben coñecidos son os de Saros e o de Inex. O de Saros é probabelmente o máis coñeecido. O ciclo Inex é por si propio un ciclo máis pobre, mais é bastante cómodo para a clasificación dos eclipses solares. Após o término dun ciclo de Saros, un novo Saros comeza un Inex despois (daí o seu nome: in-ex).
[editar] Observación dun eclipse solar

- Nunca olle directamente para o sol sen utilizar o equipamento de seguranza adecuado, mesmo durante un eclipse, pois iso pode causar danos permanentes á sua retina, e afectar seriamente a visión!
A maneira mellor e máis segura de visualizar un eclipse do sol, ou algún outro evento solar, é vía proxección indirecta. Isto pódese facer proxectando unha imaxe do sol sobre unha pantalla branca (que pode ser uma folla de papel ou cartón, o chan, ou unha parede) utilizando um par de binóculos normais, cunha das lentes cobertas, um telescopio, ou un pedazo de cartón cun furado pequeno feito cunha agulla de un milímetro de diámetro. A imaxe proxectada do Sol de calquer desas maneiras pode ser ollada sen problemas.
Apesar de non recomendarse, pódese observar directamente o sol utilizando equipamentos apropiados que dem garantía de seguranza. Pódense adquirir filtros para a observación solar, feitos especialmente, nalgúns planetarios e observatorios. Outra opción é o vidro afumado cun degrau de opacidade de 14 ou máis, como os que se usan en soldadura. Tamén hai que utilizar filtros para protexer as cámaras.
Resulta perigoso observar através de materiais "caseiros", como filmes fotográficos, CDs ou embalaxes de plástico metalizado, que non ofrecen nengunha protección contra a radiación ultravioleta, que é a que pode causar danos na retina. O maior perigo está no período de máxima escuridade, cando a falta de luz (catro veces menos do que o brillo dunha lúa chea) fai que a pupila se dilate e permita pasar máis luz. É o período en que a coroa solar se torna visíbel e o seu brillo repentino pode causar danos irreversíbeis.
[editar] Eclipses na historia
Un eclipse duplo (solar e lunar aconteceu 23 anos após a ascensión do Rei Shulgi da Babilonia. Aconteceu o 9 de maio (eclipse solar) e o 24 de maio (eclipse lunar) de 2138 a.C.. Porén, tal identificación é menos aceptada do que o eclipse de 763 a.C. O eclipse do 16 de xuño do 763 a.C., mencionado nun texto asirio, resulta fundamental para a cronoloxía do Oriente Próximo.
O 4 de xuño de 780 a.C., recolleuse un eclipse solar na China.
Herodoto escribiu que Tales de Mileto predeciu un eclipso que tivo lugar durante a guerra entre os medas e os lidios. Os soldados dos dous bandos depuxeron as armas e declararon a paz. Non existe certeza sobre que eclipse foi, ainda que un que ten bastantes probabilidades é o do 28 de maio de 585 a.C., posibelmente perto do río Halis, na Anatolia.
Herodoto menciona tamén un eclipse anular do sol o 17 de febreiro do 478 a.C., cando Xerxes partía para a súa expedición contra Grecia, así como outro, observado en Esparta ao ano seguinte, o 1 de agosto.
[editar] Outras circunstancias
[editar] Eclipse solar causado pola Lúa simultáneo a un tránsito dun planeta
En principio, a ocorrencia simultánea de un eclipse solar causado pola Lua e o tránsito dun planeta (Mercurio ou Venus]]) é posíbel. Mais tais eventos son extremamente raros. Estímase que o próximo evento deste tipo acontecerá o 5 de xullo de 6757, cun eclipse solar e outro causado pola interferencia de Mercurio, e de outro eclipse solar duplo causado pola Lúa e por Venus o 15 de abril de 15232.
Apenas cinco horas após un eclipse causado por Venus o 4 de xuño de 1769 houvo outro eclipse total do Sol, causado pela Lúa, que foi visíbel na América do Norte, Europa e o norte da Asia. O tempo entre os dous eclipses é o menor dos rexistrados, entre dous eclipses causados un pola Lúa e outro por un planeta.
[editar] Eclipses solares por satélites artificiais
Os satélites artificiais pódense tamén aliñar entre a Terra e o Sol, nun instante dado da súa órbita. Porén, tais eventos son dificilmente notados, dada a pequena zona de escuridade creada polo satélite, que pasa en frente ao Sol en un segundo.
[editar] Os eclipses solares máis longos entre o ano 0 e o 3000
[editar] Eclipses totais do sol
Data | Duración |
16 de xullo de 2186 | 7m29s |
5 de xullo de 2168 | 7m26s |
27 de xuño de 363 | 7m24s |
27 de xullo de 2204 | 7m22s |
8 de xullo de 381 | 7m22s |
9 de xuño de 1062 | 7m20s |
20 de xuño de 1080 | 7m18s |
16 de xuño de 345 | 7m17s |
3 de xuño de 699 | 7m16s |
13 de xuño de 717 | 7m15s |
1 de xuño de 132 | 7m14s |
24 de xuño de 2150 | 7m14s |
29 de maio de 1044 | 7m12s |
25 de xuño de 2522 | 7m12s |
12 de xuño de 150 | 7m12s |
19 de xullo de 399 | 7m11s |
3 de xullo de 2885 | 7m11s |
14 de xuño de 2504 | 7m10s |
23 de xuño de 2867 | 7m10s |
23 de maio de 681 | 7m09s |
20 de xuño de 1955 | 7m08s |
8 de Agosto de 2222 | 7m06s |
22 de maio de 114 | 7m05s |
1 de xullo de 1098 | 7m05s |
8 de xuño de 1937 | 7m04s |
30 de xuño de 1973 | 7m04s |
5 de xullo de 2540 | 7m04s |
16 de xullo de 2903 | 7m04s |
6 de xuño de 327 | 7m03s |
22 de xuño de 168 | 7m02s |
25 de xuño de 735 | 7m02s |
12 de xuño de 2849 | 7m00s |
O eclipse solar de maior duración na fase de total escuridade nun eclipse total do Sol no século XXI acontecerá o 22 de xullo de 2009, com 6m 39s.
[editar] Eclipses anulares do Sol
Data | Duración |
7 de decembro de 150 | 12m24s |
25 de novembro de 132 | 12m16s |
17 de decembro de 168 | 12m15s |
14 de decembro de 1955 | 12m09s |
14 de xaneiro de 3080 | 12m09s |
24 de xaneiro de 3098 | 12m05s |
24 de decembro de 1973 | 12m03s |
25 de decembro de 1628 | 12m02s |
2 de decembro de 1937 | 12m00s |
O eclipse solar anular de maior duración na fase anular dun eclipse anular do Sol no século XXI acontecerá o 15 de xaneiro de 2010, com 11m08s. O eclipse anular do 3 de outubro de 2005 será visíbel desde Galiza.
[editar] Ver tamén
- Efecto Allais
[editar] Ligazóns externas
- Páxina sobre eclipses da NASA (en inglés)
- Fotografias:
- Atlas Mundial de percorridos dos eclipses solares por Fred Espenak (en inglés)