Eduardo Chillida
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Eduardo Chillida Juantegui foi un escultor (San Sebastián, 10 de xaneiro de 1924 -id., 19 de agosto de 2002).
Primeiro foi futbolista na Real Sociedad de Fútbol de San Sebastián, mais abandonou tal profesión por unha lesión. Estudou arquitectura en San Sebastián e Madrid, e abandonou a carreira comezando a estudar debuxo no Círculo de Belas Artes de Madrid. Traládase a París e casa ó ano seguinte con Pilar Begalunce, comezando o mesmo ano a súa longa carreira con fitos como 'O Peite do vento', escultura en ferro que se instala en San Sebastián. Recibe diversos premios, entre eles o 'Príncipe de Asturias'.
Na última parte da su vida, Chillida constituiu o museo Chillida-Leku, inaugurado en 2000 no caserío de Zabalaga (no concello de Hernani, xunto a San Sebastián) unha fermosa construción tradicional vasca remodelada polo escultor e rodeada dun gran espazo de xardíns coa maior colección da obra do artista.