Else Lasker-Schüler
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Else Lasker-Schüler (Elberfeld, Wuppertal 1869 - Xerusalén 1945) foi unha escritora xudía alemá.
A súa nai Jeannette Schüler converteuse nunha figura central da súa poesía e o seu pai Aaron Schüler, un banqueiro xudeu, inspirou a figura protagonista no seu drama Die Wupper.
En 1894 trasladouse co seu marido a Berlín, en 1899 publicou os seus primeiros poemas, en 1902 publicou o seu primeiro poemario, Styx.
En 1906 publica o seu primeiro libro de prosa, Das Peter-Hille-Buch, e en 1907 a colección de relatos Die Nächte der Tino von Bagdad. Coa publicación de Meine Wunder en 1911 converteuse na voz feminina represantiva do expresionismo alemán.
En 1933 diante logo de ataques físicos de nacionalsocialistas emigra a Zürich, en 1938 o goberno alemán retiralle a nacionalidade e en 1939 marcha a Palestina.