User talk:Elvire
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bienvenue sur Galipedia, Elvire ! --Prevert(talk) 09:18, 23 marzo 2007 (UTC)
- Benvida á Galipedia Elvire. Un dos efectos colaterais que está conseguindo á Galipedia é servir como punto de encontro dos galegos espallados polo mundo. Alédome moito que sexas orixinaria de Galicia e en concreto de Ourense, non temos moitos colaboradores desa zona, tamén é unha boa nova que colabores coa Wikipedia en francés posto que alí hai algúns erros nalgúns artigos relacionados con Galicia. Por desgraza non falo francés como parece suxerir a miña anterior menaxe de benvida, só consigo ler un pouco de aí o breve desa mensaxe, en realidade non require apenas coñecementos desa lingua. Con respecto ao galego, se tes interese en profundizar nas seguintes ligazóns tes a Normativa oficial do galego e un Curso de lingua galega. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:31, 26 marzo 2007 (UTC)
-
- Podes contar coa nosa axuda en todo aquilo que poidamos, ben sexa sobre o funcionamento da Wikipedia ben sexa sobre o galego ou o sobre os artigos relacionados con Galicia. Na Galipedia valoramos as contribucións dos colaboradores independentemente da idade e doutros factores, o importante é axudar a que este proxecto mellore cada día. Boteille unha ollada ao artigo Galicien e vin as melloras que fixeches no artigo. O que teño comprobado en moitas ocasións e que nos artigos sobre localidades galegas na Wikipedia en francés inclúen traducións ao castelán (algunhas delas mesmo son invencións tomadas da Wikipedia en castelán onde hai moita controversia sobre o tema) ou usan nomes que non teñen que ver coa toponimia oficial en Galicia e en España. En http://www.xunta.es/toponimia está a relación de topónimos vixentes en España para as localidades galegas. Con respecto aos recursos sobre a lingua galega, nesta páxina User:Prevert/galego teño unha relación de enlaces con recursos relacionados coa lingua galega, incluíndo tradutores automáticos e webs para verificar a corrección dos textos en galego. Outra vez grazas pola túa colaboración. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:56, 28 marzo 2007 (UTC)
-
-
- Para que che funcionen os enlaces tes que copiar o código que hai en http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Prevert/galego&action=edit . Con respecto a túa pregunta na última revisión das normas pasouse a dicir grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:42, 28 marzo 2007 (UTC)
-
-
-
-
-
- Para que funcionen os enlaces (se iso é o que queres) o que hai que copiar é o contido da caixa de edición de http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Prevert/galego&action=edit non o enderezo da páxina, se queres que che bote unha man non tes máis que dicirmo e eu mesmo copiarei e pegarei o contido na túa páxina de usuaria da Wikipedia en francés. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:36, 29 marzo 2007 (UTC)
-
-
-
De ningún xeito me ofendiches, podes contar comigo no que poida axudar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:14, 29 marzo 2007 (UTC)
[editar] Brie
Agora non teño tempo para facelo pero en canto poida arranxarei o dos artigos de Brie. Grazas polo aviso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:22, 3 abril 2007 (UTC)
[editar] Rexistro
Non estou seguro de comprender perfectamente o que che sucede. A mensaxe na que me preguntas aparece asinada co teu nome de usuaria non como un IP. Vou intentar unha resposta a ver se iso o que che pasa. O rexistro en cada Wikipedia é independente, iso significa que para aparecer como rexistrada tes que incluir nome de usuario e contrasinal en cada Wikipedia. Pode ocorrir que no caso da Wikipedia francesa o teu navegador "lembre" gardar á información de rexistro ben sexa por unha opción do propio navegador ben sexa por ter marcada a casiña "Lembrar o meu contrasinal entre sesións" debaixo do formulario de rexistro. Outra cuestión que pode influir son as "cookies" (unha especie de marca que identifica ao usuario no sistema), segundo o navegador que uses e a configuración o propio navegador pode borrar esas cookies de xeito automático provocando que haxa que volver a facer o rexistro ao volver entrar. Outra situación máis infrecuente é que haxa problemas co sistema da Wikipedia, pero non creo que sexa isto o que pase neste caso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:45, 9 abril 2007 (UTC)
- Cando pasa certo tempo sen que o sistema do wiki rexistre actividade do usuario é como se este xa marchase. Entón pasa a ser un usuario anónimo e debe rexistrarse de novo ao volver a editar. Boa idea comezar o artigo François Rabelais, grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:07, 9 abril 2007 (UTC)o
[editar] Re: Artigos solicitados no Portal de comunidade
Non me parece mal, ao contrario. Xa sabes que a enciclopedia está en permanente construción e ao principio os artigos solicitados estaban sen clasificar por temas, logo foronse distribuindo por materias e nas personalidades quedaron todos aqueles que non tiñan un tema asignado. Grazas pola túa axuda e polas túas suxerencias. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 07:59, 11 abril 2007 (UTC)
- Corrixido. Non fixen a subdivisión escultura porque só hai un artigo solicitado dese tema. O modelo dos artigos solicitados está en Template:ArtigosSolicitados. Se estimas necesaria algunha corrección ou incluír algún artigo, por exemplo máis escultores para introducir o tema, podes facelo directamente nesa páxina. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:55, 11 abril 2007 (UTC)